
Coa directora deste centro, Susana González, como comisaria, esta exposición conecta as creacións de dous artistas vinculados non só pola experiencia da estadÃa en México, senón porque “comparten unha atención particular cara os procesos materiais, as transformacións da materia e os sistemas de relación que se xeran entre os corpos, os obxectos e a contorna”, segundo recolle o texto de presentación desta exposición.
A mostra que ata o 20 de febreiro poderá visitarse na sala de exposicións da VicerreitorÃa do campus propón nese senso dous achegamentos diferentes á “idea de fluxo” como “forma de organización e pensamento”. Dúas ladeiras da mesma montaña configura “unha topografÃa simbólica” na que as obras do catalán MartÃn Llavaneras e da egresada da UVigo Elena Jones “entrelázanse como dúas vertentes da mesma paisaxe”, dando forma a unha “reflexión sobre a materia como forza vital e sobre as relacións que a sosteñen e a transforman”.
Promovida polo Centro de Arte Fundación MarÃa José Jove xunto coa Facultade de Belas Artes, co apoio da Deputación de Pontevedra, a exposición inaugurase na tarde deste xoves, coa participación da comisaria da exposición e do coordinador da Sala Manuel Moldes, Ignacio Pérez-Jofre, asà como do vicepresidente da institución provincial, Rafael DomÃnguez, e dos artistas que a protagonizan.
Do corpo e o son aos materiais sobre o chan
A residencia promovida por este centro de arte, no marco do seu “compromiso coa creación emerxente, a investigación e o apoio a novas xeracións de artistas”, constituÃu o punto de partida dun proceso de investigación e creación que, como explica González, ao que os artistas deron continuidade nos seguintes meses, dando como resultado ás obras que agora se reúnen nesta mostra.
Nese senso, a exalumna da facultade Elena Jones deu continuidade a un traballo centrado na relación entre corpo, materia e son, a través do traballo coa cerámica, o que deu como resultado Sons que non se viron, unha instalación composta por instrumentos cerámicos “que para min son raÃces”, recoñece, e que serán "activados" nunha performance tras a inauguración. As pezas incorporan a tradición cerámica herdada da súa avoa e inspÃranse nas ocarinas maias, integrando memoria, paisaxe e son, á vez que permiten sumar novos sons aos rexistrados na única obra desenvolvida integramente en Guadalajara. Trátase do vÃdeo Partitura tridimensional, no que se rexistra unha acción desenvolvida por Jones xunto con músicos locais, cos que deu forma a esa “partitura tridimensional” que agora conecta o seu son co das “pezas sonoras” realizadas con cerámica.
Llavaneras, pola súa banda, centrou o seu traballo “en todos eses fluxos que suceden na cidade”, como sinala González, dirixindo a súa mirada cara os materiais e residuos que rexistran “sobre o chan” eses fluxos. Partindo do traballo desenvolvido en México, o artista presenta na Sala Manuel Moldes pezas como Elote (Relieve), na que a textura dun campo de millo superponse ao pavimento urbano, “revelando a continuidade entre o agrÃcola e o construÃdo”. Recoñecido con premios como Barcelona Producció, Premi Art Nou, ou a bolsa para a Investigación e Pensamento da Generalitat de Catalunya, Llavaneras presenta tamén Torrent, riereta, moll, peza na que emprega tubos industriais, follas e pequenas embarcacións de xunco, que dispón sobre o propio chan da sala, “evocando correntes, desprazamentos e sedimentacións”.
Dous talleres completan o proxecto
Esta exposición vese complementada á súa vez por dous talleres en Belas Artes, centrados nos procesos de traballo e nas obras destes dous artistas. O primeiro deles tivo lugar este mércores e nel Llavaneras buscou amosar ao alumnado o proceso escultórico como unha práctica ampliada vinculada ao medio ambiente, tomando como punto de partida a instalación Torrent, riereta, moll. O vindeiro martes 25 terá lugar o taller impartido por Elena Jones, quen proporá ás e aos participantes unha “experiencia de activación sonora dos obxectos e o espazo cotián”, partindo do seu propio traballo artÃstico, no que interpreta en clave de son e música realidades atopadas.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.