
Roberto Bande, vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo; Marta López, directora do iTERRA; e Marta Miranda, directora do Campus Terra debullaron este luns 21 en rolda de prensa, os contidos que integran a iniciativa. Ao longo da xornada as persoas asistentes poderán participar en obradoiros e actividades prácticas relacionados co ADN, as células, a saúde animal, os microminerais, a alimentación, o solo, as árbores ou a fibra óptica, e coñecer de preto algunhas das liñas de investigación e divulgación que se desenvolven no Campus Terra. Na sesión, tamén interviñeron Silvia Colmenero Guzmán, concelleira de Industria e Mercados do Concello de Lugo, e o deputado provincial Pablo Rivera Capón.
A iTERRA Night nace no contexto da participación da Universidade de Santiago de Compostela en WONDER Where Our Next Discoverers Research, unha proposta presentada á convocatoria europea MSCA & Citizens xunto con universidades e entidades de diferentes países da rede European Children's Universities Network (EUCU.NET), sumándose así ás actividades que o 25 de setembro achegarán a ciencia e a investigación á cidadanía en toda Europa.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.