
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, calificou hoxe como satisfactorio o balance da presidencia galega da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal (CTG-NP), xa que non só se lograron os obxectivos marcados, senón que se superaron amplamente, asegurou Gamallo.
Galicia, que preside agora este organismo interrexional, pasará nos vindeiros días a testemuña a Portugal. Neste período, a comunidade transfronteiriza traballou no seu obxectivo principal de consolidar a Eurorrexión, pero tamén centrou os seus esforzos na dinamización económica, a cooperación ambiental, a cooperación para o desenvolvemento das infraestruturas e da mobilidade, a cooperación para a proximidade e o desenvolvemento de proxectos conxuntos nas áreas de cultura, educación e turismo.
Os mecanismos que permitiron avanzar neses obxectivos foron o Plan de Investimento Conxuntos 2014-2020 (PIC 14-20) e a RIS3-T, que son instrumentos de programación propia da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, pioneiros en Europa e que supoñen fundamentalmente a priorización dos investimentos que se poidan acadar, nomeadamente, cos recursos europeos. Un terceiro instrumento é o relativo ás aportacións e a preparación dos Cumios Ibéricos, porque nestes cumios avánzase na cooperación transfronteiriza en áreas que exceden as propias competencias autonómicas, especialmente nas áreas de mobilidade, infraestruturas e superación dos custes de contexto transfronteirizos. Segundo o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, en todas estas áreas hai avances significativos.
O esforzo e o interese demostrado pola Comunidade queda patente no feito de que se presentaron ao Programa operativo de cooperación transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) máis de 750 candidaturas nas dúas primeiras convocatorias no conxunto da fronteira hispano-lusa, nas que se concedeu unha axuda FEDER de máis de 265 millóns de euros. A Eurorrexión ten sido a área máis beneficiada tanto no número de proxectos aprobados (85) como na proporción de fondos captados (máis de 163 millóns de euros de gasto), o que, a entender de Jesús Gamallo, é sinal da vitalidade da nosa Eurorrexión no conxunto da fronteira hispano-lusa.
A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal foi constituída pola Xunta de Galicia e pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal (CCDR-N) o 31 de outubro de 1991. Trátase da comunidade de traballo máis antiga da Península Ibérica e unha das de maior e máis estable traxectoria da Unión Europea.
O seu impacto na mellora das condicións de vida da poboación é máis que evidente xa que, ademais do desenvolvemento das infraestruturas ferroviarias, nestes anos puxéronse en marcha programas como Interlumes, cun orzamento de 9,1 millóns de euros e no que a Xunta participa con 4,5 millóns, e que reforza a capacidade operativa de resposta á extinción de incendios forestais na fronteira, coa posta en marcha da primeira base de medios aéreos transfronteirizos e a mellora dos medios materiais para labores de extinción e de vixilancia.
Outros programas que son resultado da colaboracións transfronteiriza e que espertaron grande interese foron Facendo Caminho -orientado a estruturar, protexer e poñer en valor as rutas portuguesas do Camiño de Santiago na Eurorrexión-, ou Iacobus, de cooperación universitaria e fomento da mobilidade entre estudantes.
Outro obxectivo da CTG-NP é a cooperación de proximidade, promovida a través das eurocidades, creadas para compartir infraestruturas e servizos coa finalidade de aforrar custos. Na raia existen catro eurocidades: Tui-Valença, Chaves-Verín, Cerveira-Tomiño e Salvaterra-Monçao. Todas elas, co apoio activo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, atoparon o financiamento axeitado e necesario para desenvolver gran cantidade de actividades de índole económica, cultural e deportiva que reforzaron e consolidaron a cooperación transfronteiriza.
Como non podía ser doutro xeito, a CTG-NP reaccionou de inmediato á crise sanitaria coa posta en marcha do Plan para a reactivación da cooperación de proximidade na fronteira do Norte de Portugal con Galicia, coa finalidade de conseguir para a zona unha discriminación positiva, o que se traduciu na presentación de propostas valoradas en 29 millóns de euros.
Os intereses comúns no eido cultural e lingüístico, e o esforzo da CTG-NP por reforzar eses vínculos, deron lugar a que, o pasado 17 de xullo, España ingresara como país observador asociado na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa, o que reforza o balance positivo co que Galicia pecha a presidencia da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.