Actualidad de Economía

Noticias economia

Galicia segue a medrar no que as súas vendas ao exterior se refire. Unha tendencia que xa comezou a reflectirse nos últimos meses do ano 2020, e que se consolida neste exercicio. De tal feito que, como amosan os últimos datos dispoñibles, as exportacións galegas veñen de acadar, entre xaneiro e agosto, un récord histórico no acumulado destes primeiros oito meses de 2021. En concreto, durante este período as vendas ao exterior da Comunidade rozan os 15.000 millóns de euros, o que se supón un incremento de case o 23% con respecto ao mesmo período do ano pasado, situando a Galicia un punto por riba da media estatal. Deste xeito, as exportacións galegas superan nun 3% o rexistro do 2018, e nun 6,4% o do 2019, os mellores anos ata o de agora.
Máis de 1.100.000 contribuíntes se beneficiarán da nova rebaixa na tarifa autonómica do IRPF para as rendas medias e baixas incluída nos Orzamentos da Xunta do vindeiro ano, o que supón máis do 90%. En concreto, implántase unha nova escala e rebáixanse os tipos en todos os tramos inferiores a 60.000 euros, co que Galicia reforza a súa posición como unha das CC.AA. con menor tributación para as rendas medias e baixas. Así o recolle o proxecto de Lei de Orzamentos para 2022, que ascende a 11.627 millóns de euros, un 6,9% máis que no vixente exercicio e que foi entregado hoxe no Parlamento polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, xunto ao proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou trala reunión do Consello Extraordinario da Xunta os Orzamentos de 2022, os máis altos da historia, dixo, para pasar á reactivación e á recuperación, cos maiores recursos para o gasto social e o emprego e con novas rebaixas fiscais. Logo de incidir en que estes Orzamentos se aproban 'en tempo e forma' para que entren en vigor o 1 de xaneiro de 2022, Feijóo aseverou que 'aprobamos hoxe unhas contas que se porán ao servizo dunha nova fase económica marcada pola superación da crise sanitaria e coa intención de pasar da reactivación á recuperación: co maior orzamento da historia, cun reforzo sen precedentes no gasto social e no investimento produtivo, cun menor gasto en xuros e cunha nova baixada de impostos'.
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello a activación dun 4º Plan de rescate cos 134 M€ sobrantes da convocatoria anterior, que recollerá as últimas modificacións introducidas polo Goberno central co obxectivo de que os cartos cheguen a quen máis o precisa. A este respecto, Feijóo explicou que foron os problemas burocráticos derivados dos requisitos impostos polo Goberno no reparto das axudas do 3º Plan de rescate os impediron que esa cantidade fose distribuída.
Galicia sitúase no camiño da reactivación económica, xa que o número de afiliacións á Seguridade Social é maior e a cifra de parados no mes de setembro é inferior ao rexistrado ao comezo da pandemia. Así, a comunidade galega conta con 1.034.229 cotizacións e 153.054 parados fronte ás 1.002.624 afiliacións e 174.481 desempregados de marzo de 2020. Ademais, Galicia acumula seis meses consecutivos de baixada de paro na evolución anual, o que, en palabras da directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, demostra a recuperación do mercado de traballo, un feito ao que se une a saída de traballadores dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego.
O programa Leader permitiu consolidar un total de 2.274 postos de traballo en Galicia e crear outros 790 empregos no período de programación 2014-2020. Así o salientou o subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, Moisés Blanco, na súa intervención na xornada 30 anos de Leader, organizada pola Red Española de Desarrollo Rural. O representante galego puxo en valor o feito de que tres décadas despois da súa posta en marcha, a medida Leader, co seu enfoque participativo e transversal, consagrouse como unha ferramenta indispensable para dinamizar o tecido socioeconómico das áreas rurais, tamén en Galicia.
O goberno galego vén de presentar a nova Estratexia de Internacionalización para o período 2021-2025, que ten o obxectivo de favorecer a saída ao exterior das empresas galegas, a través da dixitalización e da diversificación de mercados. Partindo desta base, a Xunta de Galicia pretende que 8.000 empresas galegas acaden os 25.000 millóns anuais en exportacións ata o ano 2025, procurando incrementar a nosa presenza especialmente fóra da Unión Europea: a idea é incrementar nun 25% as vendas ao Reino Unido, triplicar as exportacións a América do Norte, e duplicar as de América do Sur e Asia.
Galicia pechou o segundo trimestre do ano sendo a 3ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. Así, a débeda por habitante sitúase en Galicia nos 4.476 euros fronte aos 6.607 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.131 euros menos que a media autonómica. Os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España volven situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde a Universidade de Vigo polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou o seu Informe de Conxuntura Socioeconómica III/2021. Nel destacan que 'un ano despois do shock, a economía galega recupera o seu dinamismo'. Da súa análise económica subliñan datos tales como que o PIB autonómico medra un 17,5%, que Galicia incrementa o seu gasto público máis que o resto do estado e que medra o emprego feminino, pero baixa a calidade dos contratos.
O Observatorio Municipal Galego, iniciativa da Rede Localis, fixo público este venres un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a rede xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo destaca que os concellos galegos “aínda teñen marxe para elevar o uso da súa capacidade fiscal”. Segundo indican en nota de prensa desde a entidade, o documento, que corresponde á nota número 17 do observatorio, céntrase nesta ocasión no estudo do uso da capacidade fiscal propia dos concellos galegos.
« Anterior | 34  de  388 | Siguiente »

Notas economia

O Goberno galego aproba o calendario laboral do ano 2016 que inclúe como festivos autonómicos o 17 de maio (Día das Letras Galegas) e o 24 de xuño (San Xoán), en cimpensación dos dous festivos que coinciden en domingo: o 1 de maio e o 25 de decembro.
A concesión do selo Galicia Calidade responderá a valores arquitectónicos, medioambientais, paisaxísticos, culturais e gastronómicos galegos, esixindo a presenza de produtos de orixe galega nos establecementos recoñecidos.
O presidente do goberno provincial foi o persoeiro convidado no almorzos de negocios que organiza o Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense.
Os emprendedores poden presentar as súas candidaturas ata o 15 de xullo na dirección http://galicia.openfuture.org/. O programa, de seis meses de duración, permitirá a 50 startups galegas madurar a súa idea a través de formación especializada e apoio económico. Todos os profesionais e startups que participen na iniciativa contarán cun patrocinio de 2.000 euros.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Amtega, está a organizar a xornada Mellora o teu negocio a través das TIC. A experiencia de tres PEMEs galegas. Ao abeiro desta iniciativa, tres responsables dos negocios participantes no programa de asesores TIC explicarán de primeira man o proceso para a implantación de proxectos TIC nas súas empresas e os obxectivos que esperan conseguir.
O deputado de AGE, Antón Sánchez, sinala que esta decisión adoptada polo PP en agosto do 2009 ademais de supor a parálise do sector pode custar caro aos galegos e galegas por mor da probable esixencia de responsabilidades patrimoniais das empresas participantes no concurso.
A agro-industria e a mar-industria centrarán un dos 12 plans operativos específicos para as áreas estratéxicas da economía galega contemplados na Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 e que foron presentados na xuntanza coa agregada de Agricultura da embaixada de Estados Unidos, Rachel Blickford.
Blickford visita varias empresas galegas para coñecer de primeira man os seus procesos produtivos, e manterá mañá unha reunión coa conselleira do Medio Rural e do Mar. As exportacións das empresas de Galicia a Estados Unidos sumaron en 2014 un total de 567 millóns de euros, un 28% máis que 2014.
A facturación da agricultura ecolóxica de Galicia medrou un 20% o ano pasado e superou os 31 millóns de euros, fronte aos 26 contabilizados en 2014. A metade da produción véndese fóra de Galicia e Alemaña é o principal mercado receptor. Son algúns dos datos da memoria presentada polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica, CRAEGA.
Según datos presentados pola directora da Produción Agropecuaria asistiu á inauguración da nova liña de lácteos de Puleva ECO. Alí dixo que o valor da produción ecolóxica de leite pasou de pouco máis de tres millóns de euros no ano 2004 a case 10 millóns no ano 2014, o que convirte a Galicia na comunidade punteira.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES