
Así mesmo, cómpre destacar que só en agosto as vendas noutros mercados fóra da Comunidade ascenderon ata os 1852 millóns de euros, o que supón un aumento de máis de vinte puntos con respecto ao mesmo mes de 2020.
Estas cifras permiten a Galicia manter en positivo a súa balanza comercial, que arroxa un superávit por sexto mes consecutivo, acadando un total acumulado de máis de 2328 millóns entre xaneiro e agosto. En contraste, o saldo estatal amosa un dato negativo na súa serie histórica.
Por outra banda, nestes oito primeiros meses de 2021, o número de empresas exportadoras galegas alcanzou as 7340, o que supón un incremento de 1670 firmas (29,5%) con respecto ao mesmo período do ano pasado, e un crecemento de 1620 (28,3%) en relación ao 2019, antes da pandemia da covid-19.
Así mesmo, e no tocante ás industrias, a automoción segue a amosar cifras positivas no acumulado do ano, cunha cifra récord que supera os 4463 millóns.
Pola súa banda, entre os sectores que están detrás do ascenso das exportacións no acumulado dos oito primeiros meses figuran o téxtil, que medra un 13,6% con respecto ao mesmo período de 2020; o agroalimentario, que o fai nun 8,3%; e o metalmecánico, cun 13,3%.
O apoio da Xunta de Galicia
Na procura de acompañar este traballo das empresas no actual contexto e de contribuír a súa recuperación económica, a Xunta de Galicia ten activado a Estratexia de Internacionalización para o período 2021-2025, unha folla de ruta coa que se busca facilitar a saída ao exterior do tecido empresarial galego e que ten, como principais claves, a aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores.
Sobre estes eixes, a Administración autonómica aspira a que se acaden os 25.000 millóns de euros anuais en exportacións en 2025, incrementando especialmente a presenza galega en países de fóra da Unión Europea.
Para acadar ditas metas, a Estratexia contempla, como primeiro paso, un plan de acción inicial para o período 2021-2023 que suma máis de 70 millóns de euros para impulsar a recuperación económica do tecido empresarial galego tras a pandemia da covid-19.
Un programa que se sustenta sobre catro piares: o fomento da innovación, a atracción de talento galego internacional, o acompañamento ao tecido empresarial e a difusión de casos de éxito.
A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.