Actualidad de Economía

Noticias economia

Galicia amplía ata 8,1 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao terceiro trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixou 1,6 puntos con respecto ao segundo trimestre e sitúase no 18,5%, en niveis prepandemia.
A partir deste venres o Fondo Galego de Garantía Agraria comezará a facer efectivo o pagamento de máis de 127 millóns de euros das achegas da Política Agraria Común correspondentes á campaña 2021-2022. Serán máis de 110 millóns de euros de axudas directas e outros 17 millóns do pago de desenvolvemento rural destinado a zonas con limitacións naturais. Estes pagamentos beneficiarán a máis de 25.000 agricultores e gandeiros da nosa comunidade. No marco das achegas directas inclúense 62,3 millóns de euros do pago básico, 31,8 millóns do pago verde, 7,7 millóns para vacún de leite, 3,5 millóns de euros para vacún de carne, case 2,4 millóns para pequenos agricultores e 2,2 millóns para agricultores mozos.
O paro baixou en Galicia na evolución anual e mensual no mes de novembro, ao tempo que creceron as afiliacións e a contratación indefinida. O mercado laboral continúa a súa recuperación e volve a situarse en niveis precovid-19 cun total de 152.747 persoas desempregadas, acadando unha cifra case idéntica á que había en novembro de 2007. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos de paro rexistrado destacando que Galicia está a crear 'máis e mellor emprego'. Con respecto á evolución mensual, é a primeira vez que o paro descende na comunidade galega nun mes de novembro de toda a serie histórica (1996), rexistrando unha caída do 0,84%.
A economía galega creceu no terceiro trimestre do ano un 3,2%, un crecemento que é superior en medio punto ao avanzado polo Instituto Nacional de Estadística (INE) para España (2,7%). En canto á taxa intertrimestral, o PIB galego medrou un 1,4% entre os meses de xullo e setembro. Así o reflicten os datos da Contabilidade trimestral publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Desde o punto de vista da demanda, no terceiro trimestre do ano o consumo das administracións públicas medrou un 4,6% (por riba da media nacional onde o crecemento foi do 2,9%) e o gasto dos fogares galegos incrementouse un 1,5%, catro décimas máis que no conxunto de España.
As rendas máis baixas pagarán no ano 2022 un 22,6% menos de IRPF que no 2009, e ademais case a metade dos contribuíntes galegos deixarán de pagar un de cada cinco euros por este imposto respecto do que aboaban no ano 2009. Na súa intervención no Debate de Totalidade do Proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos explicou que a Xunta leva aprobadas tres rebaixas na tarifa autonómica do IRPF en oito anos -2014, 2016 e 2022- e que o seu impacto foi o triplo para as rendas máis baixas que para as medias e altas.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe, tras a reunión do Consello da Xunta que se activará a segunda emisión de bonos sostibles por importe de 500 M€ para sufragar investimentos ligados á economía verde e á axenda 2030. 'Súmase á primeira que activamos en setembro do ano pasado por outros 500 M€', recordou. Nesa liña, o presidente da Xunta explicou que Galicia é unha das cinco comunidades españolas que realizan emisións destes bonos, xunto con Madrid, Andalucía, Navarra e o País Vasco.
A Estratexia Loxística das Infraestruturas de Galicia 2021-2028 busca, precisamente, definir as actuacións necesarias para aproveitar ao máximo a incorporación ao Corredor Atlántico, incrementando área de influencia dos Portos da Comunidade mediante o fomento da multimodalidade do transporte de mercadorías asociado a eles. Ethel Vázquez sinalou como meta deste proxecto impulsar o transporte de mercadorías entre Galicia e o resto de España, Portugal e o conxunto da UE, para conseguir transportar 3 millóns de toneladas máis cada ano por ferrocarril, sendo así máis competitivos e evitando, dese xeito, a emisión de 150.000 toneladas de CO2 cada ano.
A Xunta segue comprometida co impulso dunha Galicia máis verde, fomentando o uso de enerxías renovables entre todo tipo de usuarios -fogares, empresas e administracións- co obxectivo de avanzar na transición ecolóxica. Por iso vai lanzar unha serie de apoios económicos que van contribuír á redución dos custos enerxéticos dos beneficiarios, nun momento de continua escalada de prezos na factura da luz que teñen que pagar as familias e o tecido empresarial; ademais da creación de emprego, a reactivación económica e a mellora ambiental que repercute na calidade de vida da sociedade galega.
A Xunta de Galicia e os reitores do Sistema Universitario Galego (SUG) presentaron as principais liñas do Plan de Financiamento Universitario de Galicia 2022-2026, un documento consensuado entre as partes que mobilizará máis de 3.200M€ no vindeiro quinquenio. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; de Vigo, Manuel Reigosa, e da Coruña, Julio Abalde, explicaron que os fondos supoñen un 31% máis ca os inicialmente previstos para o plan no período 2016-2020 (2.447M€).
O paro baixou no último ano en Galicia (outubro 2020-outubro 2021) en 27.262 persoas (-15,04%), o que supón sete meses consecutivos de caída do desemprego na evolución anual, e as afiliacións creceron desde outubro de 2020 nun 2,04%, uns indicadores que marcan, en palabras da directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, a recuperación do mercado de traballo. Galicia conta con menos paro que ao inicio da crise económica de 2008, xa que en outubro de 2008 había 168.423 desempregados fronte aos 154.045 parados de outubro. Ademais, o descenso producido é o maior de toda a serie histórica (1996) en termos relativos e absolutos e supera en 0,17 puntos a baixada experimentada no Estado (-14,87%).
« Anterior | 33  de  388 | Siguiente »

Notas economia

Durante a apertura do workshop Civil UAVs Initiative, Feijóo incidiu en que Galicia é un escenario propicio para calquera investidor que queira desenvolver as súas liñas de traballo no sector dos avións non tripulados e agradeceu o interese mostrado por máis de 200 empresas, moitas delas galegas pero tamén procedentes de países como Estados Unidos, Reino Unido, Australia, Israel, Italia ou Suíza.
A Plataforma de apoio ó sector lácteo galego reuniuse no edificio CERSIA de Santiago de Compostela para consensuar medidas urxentes para solucionar a grave situación dos produtores de leite. Na reunión consensuouse un manifesto de medidas para solucionar os graves problemas polos que atravesa o sector, coas seguintes propostas a corto prazo.
O conselleiro de Economía, o presidente do Clúster do Granito e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito asinan un acordo que abre a porta do selo de garantía ao sector. A incorporación da marca funcionará como “aval da excelencia” das empresas contribuíndo a manter o bo ritmo exportador, que o ano pasado acadou un record histórico con 113 millóns, un 3.14% máis.
Yolanda Díaz: “Estas cifras impostas polo PP son inxustas, e baséanse en sacrificar ás comunidades, para que se vexan na obriga de perpetuar o austericidio no gasto social, baseado en recortes en servizos públicos tan necesarios como a educación ou a sanidade”.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, resalta que a boa resposta á convocatoria da Xunta indica o respaldo do sector ao proxecto, no que a Xunta investirá 45 millóns de euros. Salienta a presenza de compañías procedentes, ademais de Galicia e do resto de España, de países como Estados Unidos, Israel, Romanía ou Italia.
O Igape organiza unha xornada técnica orientada especialmente aos sectores agroalimentario, TIC e téxtil. As exportacións a este país asiático superaron os 178 millóns de euros en 2014, un 6% máis que no anterior exercicio, a vez que creceu o número de empresas galegas que exportan a ese mercado un 21%.
Rosana Pérez critica a negativa do PP ao traspaso da AP-9, “deixando claro que antepón os intereses de AUDASA por riba dos da cidadanía galega”.
O deputado Antón Sánchez esixe a reapertura do órgano parlamentario e, diante das últimas novidades, a comparecencia do supervisor do Banco de España.
O titular da Xunta, acompañado pola ministra de Fomento, Ana Pastor, presidiu o acto de inauguración da ampliación da pista do aeroporto de Alvedro. • Destaca o compromiso do Goberno central coas infraestruturas galegas e asegura que esta colaboración permitirá poñer en marcha o antes posible un sistema de billete combinado bus+tren que facilite o acceso aos aeroportos galegos desde calquera cidade de Galicia.
A conselleira do Medio Rural e do Mar reafirma a aposta de todas as administracións autonómicas –empezando pola Xunta de Galicia– e a Central na defensa da condición de sector estratéxico para o lácteo, e aposta por impulsar entre todos os axentes do lácteo un plan estratéxico para este sector co fin de darlle maior valor engadido ao produto.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES