
En España a baixada é maior (-2,28%), xa que en Galicia o descenso do desemprego estase a experimentar desde o primeiro trimestre do ano. De feito, ao longo do ano, nos últimos once meses, en Galicia o paro baixou nun -19,43% fronte ao -18,14% de España.
Ademais, o paro entre as mulleres (-1,23%) descendeu en maior proporción que o descenso acadado entre os homes (-0,30%) e aumentou a contratación indefinida en máis dun 50,04%. As afiliacións volven a crecer nun mes de novembro na evolución mensual (+0,28%), un feito que non se producía desde novembro de 2007.
Evolución anual
En canto á evolución anual, con respecto a novembro de 2020, a caída experimentada do -18,52% (-34.725 persoas) é a maior baixada de toda a serie histórica de datos (1996) en termos relativos e absolutos e supera en 1,16 puntos a baixada do Estado (-17,36%). Galicia acumula xa oito meses consecutivos nos que baixa o desemprego, situándose a cifra global (152.747) a un nivel case idéntico ao reflectido en novembro de 2007 (152.728), antes do inicio da crise económica.
O desemprego con respecto a novembro de 2020 descendeu nas principais variables: nas catro provincias e sete grandes cidades; nos menores de 30 anos; nas mulleres; maiores de 44; e parados de longa duración. Tamén baixou en todos os sectores económicos liderando a caída o sector primario (-21,92%), seguido da construción (-21,71%), dos servizos (-17,77%) e da industria (-14,58%). A cifra de mulleres e de menores de 30 anos desempregados son as máis baixas nun novembro de toda a serie histórica de datos (maio 2005).
A contratación tamén aumentou de xeito xeral, medrando a indefinida (+129,56%) máis que a temporal. Tamén subiu a contratación a tempo completo (30,66%). Con respecto ás afiliacións, crecen nun 2,54%. Galicia continúa superando o millón de cotizacións con 1.035.498, unha cifra maior que en novembro de 2009 (1.028.533).
En palabras da directora xeral, agora que a recuperación do mercado de traballo é unha realidade tras os peores meses da pandemia, é tempo de avaliar os novos nichos de mercado e aproveitar as novas oportunidades laborais que están xurdindo. Neste senso, sinalou que o principal reto da Xunta na actualidade, no eido laboral, é axustar a oferta e a demanda de emprego a través da formación e, deste xeito, poder adiantarse aos empregos de futuro para seguir xerando en Galicia máis e mellor emprego e incentivar a contratación entre as persoas que máis o necesitan.
Lado, dunha banda, explicou que a Xunta está a apoiar aos traballadores e traballadoras no seu camiño formativo, orientándoos cara aos perfís que está requirindo o mercado laboral. Para iso, está a poñer en marcha diversas iniciativas como a Axenda Galega de Capacidades para o Emprego, que permitirá deseñar a nova oferta formativa que Galicia necesita da man dos principais axentes e interlocutores sociais e económicos. Tamén referiuse ao estudo de tecnoloxías emerxentes para a transformación do mercado laboral que posibilitará facer fronte aos empregos do futuro detectando as demandas actuais.
A directora xeral apuntou, así mesmo, que, de xeito paralelo, é prioritario apoiar aos galegos e galegas con máis dificultades para atopar un emprego para acadar un mercado de traballo en igualdade. Sinalou que, por iso, a Xunta porá en marcha en 2022 plans específicos para estes colectivos que suman máis de 131,2 millóns de euros: destinando 33,4 millóns ao Plan Emprega Muller; 51,8 millóns ao Plan Emprega Xuventude; e 46 millóns para o Plan Emprega dirixido ás persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.