
En canto á demanda externa, as exportacións de bens e servizos baixaron un 2,7% e as importacións de bens e servizos caeron un 5,7%.
No que respecta á oferta, só o sector servizos rexistrou taxas de variación positivas cun crecemento do 5,1%. Pola súa banda, o sector da construción baixou un 5,6%, o sector primario descendeu un 2,2% e a industria un 0,2%.
Ademais, os datos da contabilidade trimestral do IGE mostran que o emprego medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo- tivo un crecemento do 4%, o que supuxo un incremento de 39.294 postos de traballo respecto do mesmo trimestre do ano anterior.
Este comportamento positivo do emprego permitiu crecementos en todos os sectores, sendo os maiores na construción (5,8%) e nos servizos (4,4%), cun avance do 4,7% na rama de comercio, transporte e hostalería. Na industria os postos de traballo equivalentes a tempo completo creceron un 2,0% e no sector primario un 1,2%.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.