//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Galicia recibe do actual modelo de financiamento 800 millóns de euros anuais menos do que lle custa á Xunta de Galicia financiar a sanidade, a educación e as políticas sociais. Así o explicou esta mañá o conselleiro de Facenda e Administración Pública nunha rolda de prensa na que avanzou as alegacións de Galicia á proposta de poboación axustada elaborada polo Ministerio de Hacienda que só é un elemento concreto do sistema de financiamento- e que serán remitidas hoxe ao Ministerio.
O prazo de solicitude para participar nas catro novas lanzadeiras Conecta Emprego da Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo permanecerá aberto ata o próximo 14 de febreiro. A iniciativa, dirixida a persoas en situación de desemprego pretende axudar á inserción laboral de 120 galegas e galegos na presente convocatoria. A Xunta colabora no impulso das lanzadeiras coa Fundación Santa María a Real e a Fundación Telefónica. Estas plataformas destacan pola súa metodoloxía avanzada, moderna e cooperativa.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe da aprobación por parte da Xunta dos trámites necesarios para que o Goberno central aboe a Galicia os cartos da sentenza do IVE correspondente a decembro de 2017. Isto prodúcese logo de que o Tribunal Supremo dese a razón á Xunta en abril de 2021 e acreditase que o Goberno central vulnerou o dereito á autonomía financeira de Galicia, orixinando un quebranto económico á facenda autonómica e un enriquecemento indebido para o Estado.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou o primeiro encontro virtual do 2022 do ciclo "FGE | Next Generation Galicia", o punto de encontro mensual establecido pola Fundación Galicia Europa entre a Xunta e a Comisión Europea que, nesta ocasión, estivo dedicado a abordar a Estratexia de mobilidade sostible e intelixente da UE, así como o conxunto de propostas lexislativas enmarcadas na mesma. Durante a súa intervención, o director recordou que o sector do transporte supón o segundo motivo de gasto para os fogares europeos, e que no caso de Galicia, supón un 13,5% do seu PIB e dá emprego a máis de 40. 000 persoas en sectores como o da automoción.
Galicia segue a mellorar os resultados positivos das súas vendas ao exterior, ata o punto de que as exportacións galegas marcan un novo récord e suman, entre xaneiro e novembro de 2021, máis de 23.000 millóns de euros. A cifra, que non se acadara ata o de agora nun exercicio completo no conxunto da serie histórica, permite superar por quinto ano consecutivo os 20.000 millóns de euros en exportacións, acadando un novo teito á espera de pechar 2021 coas cifras do último mes de decembro. Neste sentido, e tal e como amosan os últimos datos dispoñibles publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), as exportacións galegas aumentaron, entre xaneiro e novembro do ano pasado, nun 22,2%, ata acadar os 23.122 millóns.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, cifrou hoxe o sobrecusto da variable dispersión para Galicia en máis de 500 millóns anuais, máis do dobre do que aporta o sistema. Así o expuxo esta mañá na súa comparecencia na Comisión non permanente especial de estudo para abordar a proposta da Comunidade Autónoma de Galicia diante da reforma do sistema de financiamento. O conselleiro sinalou que a dispersión é o que caracteriza á Comunidade Autónoma e o que a singulariza en España, e remarcou que é un factor exclusivo que a diferenza doutras Comunidades Autónomas pero que a achega a Europa.
O ano 2021 pechou en Galicia marcado pola recuperación do mercado laboral. Así o destacou hoxe a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, quen sinalou que o número de parados -152.584- continúa a niveis precovid-19 e é a cifra máis baixa nun mes de decembro de toda a serie histórica de datos (1996). Respecto ao inicio da pandemia (febreiro 2020), o desemprego reduciuse nun -8,21%, un ritmo de baixada que case duplica ao do Estado (-4,32%). Na evolución anual, Lado sinalou que a caída do desemprego en 37.003 persoas (-19,52%) e o maior descenso desde 1996, tanto en termos relativos como absolutos, unha caída que, segundo subliñou, permite a Galicia acumular nove meses consecutivos de baixada do paro.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o novo Plan estratéxico de Galicia prevé acadar no ano 2030 a plena converxencia da Comunidade con España en termos de renda per cápita dos fogares, reducir ao 8% a taxa de paro e diminuír a metade a taxa de paro xuvenil. Así se desprende, abundou, do informe avaliado esta mañá no Consello da Xunta que tamén prevé un crecemento medio do PIB de entre o 2% e o 2,5% anual. A este respecto, Feijóo explicou que esta folla de ruta para a vindeira década ten 5 eixes prioritarios: o reto demográfico, a Galicia verde e sostible, a competitividade e o crecemento, a cohesión social e territorial, por último, a gobernanza.
As contas públicas de Galicia para o ano 2022 recibiron hoxe o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos son os máis altos da historia da comunidade e ascenden a 11.627 millóns de euros para pasar da reactivación á recuperación económica e reforzar o crecemento san. En materia de política fiscal, os presupostos do vindeiro ano inclúen novas rebaixas de impostos no IRPF, no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) e no Imposto de Patrimonio que se suman a todas as aprobadas nos últimos anos. A Xunta leva aprobadas tres rebaixas na tarifa autonómica do IRPF en oito anos -2014, 2016 e 2022- co que as rendas máis baixas pagarán no ano 2022 un 22% menos de IRPF que no 2009.
Galicia segue a recuperar os resultados positivos das súas vendas ao exterior, ata o punto de que xa logra, nos dez primeiros meses do ano, superar por quinto exercicio consecutivo, os 20.000 millóns de euros en exportacións. En concreto, e tal e como amosan os últimos datos dispoñibles publicados hoxe polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, as exportacións galegas aumentaron, entre xaneiro e outubro, nun 22,8%, ata acadar os 20.600 millóns. Deste xeito, supéranse tamén os niveis previos á pandemia da covid-19 cunha suba de preto do 13% fronte ao mesmo período de 2019.
La OPL invita al consumidor a recordar un sabor de cuando era niño y le advierte que la leche con un precio por debajo de 0,65: ¡No es leche!. La Organización de Productores de Leche quiere sensibilizar a la sociedad sobre el dumping y el margen de beneficio que obtienen en otros productos ciertos establecimientos, utilizando la leche como reclamo.
"O Plan Estratéxico da Conserva será presentado en breve a todos os axentes implicados e ao conxunto do pobo galego. Así o aseguraba o presidente da Xunta na VII Conferencia Mundial do Atún onde amosou a súa convicción de "consolidar unha industria punteira, intensiva en traballo, tecnoloxía e innovación" competitiva a nivel internacional.
A conselleira do Medio Rural e do Mar aplaude as decisións adoptadas no Consello Extraordinario de Ministros en Bruxelas e asegura que foi un encontro no que se puxo en evidencia que ningún país da UE puxo enriba da mesa tantas medidas como o fixo España. Cremos que Galicia sairá beneficiada posto que produce o 40% do leite do Estado.
O conselleiro de Economía e Industria visitou a firma viguesa, que celebra o seu 40 aniversario consolidada como un dos expoñentes do sector cunha facturación de 20 millóns ao ano e máis de 100 empregados. A aposta por achegar un produto de calidade é clave na internacionalización de Selmark, que exporta máis do 30% da produción a máis de 30 países.
A Comisión recomenda constituír organizacións de produtores para reforzar a súa capacidade de negociación. Xavier Vence, voceiro do BNG, encabeza a representación da formación nacionalista que participa na tractorada convocada en Lugo o xoves 3 de setembro en defensa do sector e contra a desaparición de explotacións leiteiras.
La Xunta de Galicia destinará 1.133.706 euros a la concesión de ayudas autonómicas a los titulares de actuaciones de final de fachadas y cubiertas y de rehabilitación o reconstrucción de viviendas emplazadas en el ámbito rural, en conjuntos históricos o en los Caminos de Santiago, que ya cuenten con la autorización oficial de la Xunta.
En una jornada organizada bajo el lema Vivir del Mar, Tejer el Futuro, el GAC 2: Golfo Ártabro hizo balance de los proyectos ejecutados entre 2007 y 2013, y habló de sus retos de cara al período 2014/2020. El encuentro se celebró en la Casa del Pescador de la Cofradía de Miño, cuya rehabilitación fue subvencionada desde el GAC.
Estes gandeiros están integrados nas 69 Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSG) ás que lle foron concedidas estas achegas. A elas, a Consellería do Medio Rural e do Mar destina integramente máis de 2 millóns de euros. A través delas, subvenciónase a contratación dos servizos de 159 veterinarios, encargados da supervisión e execución do programa sanitario.
O comité asesor do Plan Estratéxico 2015-2020 contará coa presenza de 12 persoas de recoñecido prestixio no eido da empresa, a innovación, os recursos humanos, a universidade e as políticas públicas como Michael Schneider, representante do Land de Sajonia-Anhalt ante o Goberno Federal de Alemaña.
O total a pagar polos sancionados ascende a 4,47 millóns de euros e a cifra máis elevada de taxa láctea dos que teñen que pagar é de máis de 437.000 euros e a menor de preto de 26 euros. O labor da Consellería de Medio Rural e do Mar e do Ministerio de Agricultura foi fundamental para reducir os afectados.