
A Consellería do Medio Rural e do Mar resolveu as axudas ás entidades recoñecidas como Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSG) para o período 2015/2016. A estas axudas a Consellería do Medio Rural e do Mar destina integramente máis de 2 millóns de euros e delas beneficiaranse un total de 10.500 gandeiros galegos integrados nas 69 ADSG ás que lle foron concedidas.
Benefícianse destas axudas as entidades asociativas agrarias que están oficialmente recoñecidas como ADSG, e polo tanto inscritas no correspondente rexistro, e que se comprometeron a realizar polo menos o programa sanitario marco establecido pola consellería. Do total de entidades beneficiarias 52 corresponden a gando bovino, 8 de porcino, 3 de coellos, 3 de aves, 2 de visóns e 1 de ovino e cabrún. Nas resolucións tramitadas, prímase a aquelas ADSG que presenten maior número de explotacións integradas, maior censo gandeiro e maior número de veterinarios, ademais de favorecer a aquelas entidades que se fusionaran no último ano.
A través destas achegas subvenciónase a contratación dos servizos de 159 veterinarios, 79 deles en exclusividade, encargados da supervisión e execución do programa sanitario, acadando a axuda ata o 100% do custe do persoal contratado. Os veterinarios contratados polas agrupacións, ademais de executar os programas sanitarios voluntarios e participar na rede de vixilancia epidemiolóxica de Galicia, colaboran na formación sanitaria dos gandeiros, nas actuacións complementarias nos programas oficiais de erradicación, no control e fomento das prácticas en materia de benestar animal, e no establecemento de programas de desinfección, desratización ou desinsectación nas explotacións.
Unha vez recibida a resolución, as entidades beneficiarias poden solicitar antes do 1 de outubro de 2015 un anticipo do 42,85 % do total da subvención autorizada, sempre que non teñan abertos expedientes de reintegro de axudas de anos anteriores. O período subvencionable a través destas axudas remata o 28 de febreiro de 2016.
As ADSG
As ADSG son asociacións de gandeiros constituídas para elevar o nivel sanitario e produtivo e as condicións zootécnicas das súas explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das súas condicións hixiénicas e produtivas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.