Notas de prensa

Un 0,7% dos produtores de leite galegos deberán pagar a taxa láctea da última campaña

O total a pagar polos sancionados ascende a 4,47 millóns de euros e a cifra máis elevada de taxa láctea dos que teñen que pagar é de máis de 437.000 euros e a menor de preto de 26 euros. O labor da Consellería de Medio Rural e do Mar e do Ministerio de Agricultura foi fundamental para reducir os afectados.

A cifra de produtores de leite galegos que deberán pagar a taxa láctea (multa por exceso de produción) desta última campaña será finalmente de 68, o que representa arredor dun 0,7% dos case 10.000 produtores con entregas na campaña 2014-2015. A multa deberá ser afrontada directamente por un total de 12 primeiros compradores de leite (industrias e outros) en Galicia, que son os que recadan a taxa aos produtores de leite e quen polo tanto efectúan o pagamento. O labor informativo da Consellería de Medio Rural e do Mar e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente foi fundamental para reducir o total de afectados.

Os constantes avisos enviados polos executivos galego e central, xunto cos esforzos realizados polos produtores para axustar a produción á cota dispoñible, fixeron posible minimizar o número de explotacións que teñen que facer fronte a este pagamento.

O total a pagar polos sancionados ascende a 4,47 millóns de euros. A cifra máis elevada de taxa láctea dos que teñen que pagar é de máis de 437.000 euros e a menor de preto de 26 euros. Grazas a un Real Decreto aprobado polo Ministerio, poderán aboala gradualmente e sen intereses e deste xeito reducirase a carga financeira dos gandeiros, que terán tres prazos coincidentes cos meses de setembro de 2015, 2016 e 2017.

A taxa láctea instaurouse na Unión Europea no 1.984, empezando en España no período 1993-1994. Dende aquela, esta é a oitava vez que o sector gandeiro do conxunto do Estado se ve afectado por este sobrepasamento.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O Congreso dos Deputados celebrará o mércores, día 22 de xullo, unha Deputación Permanente cun extenso orde do día, no que figura a solicitude do BNG de que se faga unha sesión estraordinaria da Comisión de Agricultura para que compareza a Ministra Tejerina pola grave crise do sector lácteo galego.

Davila considera que a situación pola que atravesa o sector lácteo galego "é suficientemente preocupante como para que a Ministra acuda á Cámara a abordar o tema e a explicar se vai adoptar medidas de carácter urxente para pór fin aos problemas dos baixos prezos do leite en orixe que padece especialmente o sector agro-gandeiro de Galiza".

"Os gandeiros galegos perciben os prezos máis baixos da UE e do estado español, prezos que se sitúan moi por debaixo dos custes de produción e cos que non poden manter as súas explotacións gandeiras nin o seu modo de vida", afirma Davila que n reprocha a Tejerina que aínda non pasara polo Congreso para falar dun tema de grande importanza para Galiza.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES