Noticias

Galicia traballa coa Comisión Europea nunha estratexia para a transformación do transporte cara un modelo máis sostible

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou o primeiro encontro virtual do 2022 do ciclo "FGE | Next Generation Galicia", o punto de encontro mensual establecido pola Fundación Galicia Europa entre a Xunta e a Comisión Europea que, nesta ocasión, estivo dedicado a abordar a Estratexia de mobilidade sostible e intelixente da UE, así como o conxunto de propostas lexislativas enmarcadas na mesma. Durante a súa intervención, o director recordou que o sector do transporte supón o segundo motivo de gasto para os fogares europeos, e que no caso de Galicia, supón un 13,5% do seu PIB e dá emprego a máis de 40. 000 persoas en sectores como o da automoción.

Gamallo resaltou o compromiso do Goberno galego cunha transición ecolóxica xusta e integradora, tal e como se recolle na batería de propostas presentadas ao Goberno central para a súa incorporación no Plan Nacional de Recuperación e Resiliencia. Entre as propostas, o director destacou o proxecto "AutoÁncora", que ten por obxectivo crear un laboratorio de integración de tecnoloxías de propulsión limpa e construír unha infraestrutura para o desenvolvemento e a validación de vehículos de nova xeración.

Tras a intervención do director, unha ampla representación da Xunta puido abordar xunto ao membro do gabinete da comisaria de Transporte, Pablo Fábregas, os últimos pasos dados pola Comisión Europea e as últimas propostas lanzadas no marco da súa Estratexia de mobilidade sostible e intelixente e do Pacto Verde Europeo, que van dende a revisión dos estándares de CO2 ata a revisión da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T). Unha rede sobre a que Galicia recolle con satisfacción a súa recente revisión, que inclúe o tramo ferroviario entre Oporto e Vigo a executar antes do 2040.

Ciclo de encontros virtuais Xunta-UE da FGE

Primeiro baixo o nome de Galicia na recuperación económica da UE e agora como “FGE | Next Generation Galicia”, o ciclo de encontros virtuais da FGE tratou, desde a súa posta en marcha en setembro de 2020, numerosos temas de relevancia para Galicia como a transición verde, a Estratexia Industrial para Europa ou a futura política de cohesión 2021-2027. Nestes encontros participan responsables políticos e técnicos dos departamentos da Xunta e da Comisión Europea. Co cambio de nome, a FGE quere subliñar o rol que está a desempeñar para dar apoio técnico á comisión Next Generation Galicia, creada polo Goberno galego para identificar proxectos susceptibles de ser financiados polo instrumento europeo de recuperación Next Generation EU.

R., 2022-01-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES