
Ademais, case a metade dos contribuíntes galegos deixarán de pagar un de cada cinco euros por este imposto respecto do que aboaban no ano 2009.
A política de rebaixa de impostos esténdese a todos sobre os que a Xunta ten competencia na comunidade autónoma. Así, o ITP rebáixase un 10%, co que o tipo xeral pasa do 10 ao 9% para reducir a tributación ás familias que adquiren unha vivenda usada, favorecendo a dinamización do mercado inmobiliario e reactivando a rehabilitación. En canto ao imposto de Patrimonio mantense o mínimo exento e bonifícase un 25% a cota.
Ademais mantéñense todas as rebaixas xa aprobadas no Imposto de Sucesións que sitúan a Galicia entre as comunidades autónomas con mellor tratamento fiscal para as herdanzas entre familiares directos e para os irmáns. Neste momento xa están exentas de tributación o 99,9% das herdanzas por vías directa. Tamén se mantén o Programa de Impostos cero no rural coa eliminación deste tributo para todas as compravendas de solo rústico, as transmisións totais ou parciais de explotacións agrarias e as agrupacións de fincas rústicas.
Reforzo do gasto social e dos investimentos
As contas de 2022 reforzan un ano máis o gasto social tradicional (sanidade, educación e políticas sociais) e o emprego. Así, estes presupostos inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 8.660 millóns de euros para a sanidade, o ensino, as políticas sociais e o emprego, cun aumento de 610 millóns con respecto a este exercicio. As tres consellerías que acaparan o gasto en servizos públicos esenciais concentran o 75% do incremento do orzamento, é dicir, tres de cada catro euros de aumento presupostario van destinados a sanidade, educación e políticas sociais.
Ademais, no vindeiro exercicio refórzanse os recursos para o investimento produtivo que tamén contribúe ao fortalecemento dos servizos públicos. Estes presupostos inclúen máis de 2.500 millóns de euros para investimentos.
En definitiva, estes son os orzamentos con máis recursos da historia, cun reforzo moi importante das partidas vinculadas aos servizos públicos esenciais e á dinamización da economía co obxectivo de trasladar unha política útil aos cidadáns que permita ser áxiles cos mecanismos de apoio ás familias, pemes e empresas; pasar da reactivación á recuperación; e traballar de maneira paralela nas necesidades do ano 2022 xunto coa planificación da vindeira década para afrontar os retos aos que se enfronta Galicia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello 'aprobou hoxe a nova Estratexia de internacionalización das empresas galegas, con horizonte 2028, e dotada de máis de 160 millóns de euros'. Este orzamento supera nun 54 % o da Estratexia 2021-2025. O obxectivo, tal e como resaltou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, 'é que cada vez máis empresas galegas vendan fóra, que o fagan de forma estable e cheguen a novos mercados'. A nova folla de ruta poñerá especial interese, segundo explicou o presidente, 'en dous destinos que ofrecen grandes oportunidades como é China e os países de Mercosur'.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe a reunión do Grupo de Traballo de Pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), celebrada na Fundación Galicia Europa, en Bruxelas, e na que participaron representantes de rexións de España, Francia, Italia e Bélxica. O encontro serviu para debater o documento 'Visión 2040: renovar hoxe para asegurar o mañá', elaborado por Galicia xunto coa Secretaría Xeral da CRPM, que recolle a valoración das rexións sobre a estratexia da Comisión Europea para a pesca e a acuicultura e as súas prioridades para o futuro da Política Pesqueira Común (PPC).