//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a posta en marcha dun plan de choque para paliar a situación económica agravada pola guerra en Ucraína, coa ampliación do bono social térmico e con medidas específicas para o rural e a pesca. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo referiuse en primeiro lugar á axilización do lanzamento do bono social térmico, que beneficiará a máis de 66.400 familias que recibirán un ingreso único para os gastos de calefacción, auga quente e cociña.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe en rolda de prensa que o Consello da Xunta aprobou hoxe o Plan Estratéxico 2022-2030 para deseñar a Galicia do futuro e acadar unha recuperación sostible, competitiva e inclusiva. Logo de cualificar este Plan como un 'documento de país' e como 'unha ferramenta útil', o presidente da Xunta incidiu en que 'sen planificación só pode haber improvisación'. Deste xeito, no tocante ás principais prioridades, Feijóo incidiu en que este Plan prevé un crecemento medio sostido ata 2030 de entre o 2 e o 2,5% anual e que nesta década se reduza 4 puntos a taxa de paro e que cara ao ano 2030 baixe ata o entorno do 8%.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, solicitou esta mañá no Parlamento de Galicia que o Goberno central corrixa o rumbo á hora de xestionar e repartir os fondos europeos. Conde lamentou a actual distribución, marcada polo centralismo, a discrecionalidade e a lentitude, fronte á experiencia que as comunidades autónomas teñen na execución deste tipo de recursos -e que só están recibindo o 28% dos fondos Next Generation-. A Xunta entende que esta crítica á cogobernanza é unánime, pois o Banco de España ou a CEOE xa se manifestaron subliñando o baixo impacto dos fondos no PIB e o escaso acceso da empresa.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, resaltou hoxe que a candidatura galega ao Perte de enerxías renovables, que o Goberno aprobou o pasado mes de decembro, suma iniciativas que poderían chegar a mobilizar máis de 3800M e conta coa colaboración de empresas de referencia no sector como Naturgy, Iberdrola, EDP Renovables, Navantia e Repsol, ademais de prestar especial atención ás pemes. O Perte de enerxías renovables convocado polo Goberno prevé mobilizar un investimento público-privado de 16.370M e a creación de 280.000 postos de traballo.
O 43,06% das empresas que empregan especialistas en tecnoloxía en Galicia contratan mulleres con esta especialidade, unha porcentaxe que soamente superan Madrid, cun 44,26% e Estremadura cun 43,94%, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística. O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) destaca, así mesmo que, de acordo co estudio realizado sobre a inserción laboral do Sistema Universitario de Galicia, a porcentaxe de mulleres que se manteñen empregadas en especialidades STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) nos dous primeiros anos tras obter o título é dun 83,9 por cento, lixeiramente superior á de homes, que é dun 83,3.
A economía galega medrou no ano 2021 un 5,2%, un crecemento dúas décimas superior ao avanzado polo Instituto Nacional de Estadística (INE) para España. O instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe os datos de contabilidade trimestral referentes ao cuarto trimestre que mostran que Galicia recuperou máis da metade do PIB perdido durante a pandemia e que neste 2022 estará en disposición de recuperar a riqueza prepandemia. Ademais, os datos do 2021 confirman que, ao igual que en 2020, a economía galega tivo un mellor comportamento que a española.
A Xunta comezará en marzo a posta en funcionamento dos caixeiros e dos servizos de asistencia financeira e formación no rural. Estes servizos iranse implantando semana a semana en cada un dos 38 concellos que o solicitaron para achegar unha solución a máis de 51.000 galegas e galegos. Así o anunciou hoxe no Parlamento o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, que subliñou que esta iniciativa non se limita á instalación de caixeiros, senón que busca unha presencialidade física nos concellos a través dos servizos de asistencia e formación, que deben desenvolverse de xeito presencial e con persoal da propia entidade financeira.
O director do Igape, Fernando Guldrís, salientou os rexistros históricos que veñen de acadar as exportacións galegas, pechando o 2021 como o mellor ano desde que hai rexistros ao superar a barreira dos 25.000 millóns de euros. En concreto, as vendas ao exterior de Galicia acadaron os 25.269,6 millóns, un 21,1% máis que no 2020, e tamén por riba do 12% con respecto ao 2019, último ano antes da pandemia. 'O noso tecido empresarial demostra, unha vez máis, a súa capacidade de adaptación e de mellora, tamén en épocas complicadas. E faino superando por quinto ano consecutivo a barreira dos 20.000 millóns'.
Alberto Núñez Feijóo afirmou hoxe que o gasto extraordinario nestes dous anos de pandemia superou os 1.500 millóns de euros, segundo un informe presentado hoxe no Consello da Xunta. No ano 2021 a covid-19 supuxo un gasto extraordinario para a Xunta de 901,7 M, e os maiores reforzos centráronse en todo o referido cos gastos correntes. Foron, en concreto, 662 millóns de euros, 141 M máis que no ano 2020. O titular do Goberno galego tamén puxo en valor que no 2021 a Xunta aprobou uns orzamentos co triplo obxectivo de combater a pandemia, reactivar a economía e atender as necesidades das familias e sectores máis afectados pola crise.
Galicia pechou xaneiro con 153.932 persoas sen emprego, a cifra máis baixa de paro acadada no primeiro mes do ano de toda a serie histórica (1996). A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou hoxe -na valoración que fixo dos datos de paro rexistrado- que a cifra, ademais, continúa a niveis precovid-19, afastada do número de desempregados que había ao inicio da pandemia. De feito, neste tempo, desde febreiro de 2020, o desemprego reduciuse nun -7,40%, case duplicando o ritmo de baixada no Estado (-3,79%).
alicia está presente na feira Iberflora de Valencia cun espazo expositivo de 384 metros cadrados no que están representadas 10 empresas galegas do sector da planta ornamental. Galicia é unha verdadeira potencia neste sector, como o demostran os 130 viveiros existentes en Galicia.
Entidades e expertos achegan as súas prioridades sobre ordenación do territorio, crecemento sostible, turismo, agro ou pesca para aproveitar e fortalecer as potencialidades de Galicia para acadar un crecemento san. As suxestións incorporaranse á elaboración do Plan estratéxico 2015-2020 no terceiro e último foro de debate que se leva a cabo en Santiago.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño presenta nun dos eventos de decoración de referencia unha escolma que recolle o traballo de 24 obradoiros artesanais que empregan materiais como madeira, papel, cerámica ou téxtiles. Trátase dunha cita de referencia na decoración de interiores no marco do London Festival Design.
O encontro, que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria, reúne preto de 70 firmas directas e preto doutras 250 indirectas en máis de 26.000 m2 de espazo expositivo coas últimas tendencias en mobles, iluminación, decoración, artesanía, ou menaxe, entre os diferentes subsectores que este ano están representados.
La cita, que tendrá lugar del 24 al 26 de septiembre en Expourense, cuenta con 39 países participantes y un total de 279 expositores. Nava Castro dice que esta nueva edición constituye una oportunidad única para poner de manifiesto la innovación y la capacidad de dinamización y de activación económica de un sector referencia en turismo.
O noso valor engadido son as persoas, é a xente, é ese afán que compartimos os galegos de estar no mundo e de que o mundo estea entre nós, asegura o presidente da Xunta que visitou este evento. Di que Galicia foi o destino que máis creceu turisticamente en 2015 e sinala que máis de 4 millóns de viaxeiros, dos cales 2,4 millóns pernoitaron na Comunidade.
Madridjoya 2015, que se celebra no recinto feiral Ifema, onvértese nunha plataforma de promoción e alta visibilidade para o sector que presenta as súas novas coleccións co apoio de Galicia Calidade e Artesanía de Galicia. Con este salón tamén se celebra o Internacional da Bisutería e os Complementos.
O programa do ano 2015 susténtase en tres ideas: a complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo; a presenza dun persoa con coñecementos de xestión empresariais; e o acceso á carteira de resultados de investigación da USC que poderá ser a base do plan de empresa.
Francisco Jorquera asegura que a actitude do PP na Xunta de Portavoces é a mesma que a da Xunta, Santiago e Lugo tomados polos tractores, o campo levantado e a Xunta mirando para outro lado.
Manuel Baltar reuniuse en Vilamartín de Valdeorras cos catro presidentes dos CRDO da provincia para analizar accións conxuntas a desenvolver, que potencien a imaxe de marca da viticultura ourensá, como o Clúster do Viño de Ourense.