
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, visitou o Salón Internacional de Joyería y Relojería Urbanas y de Tendencia Madridjoya 2015, no que a Consellería de Economía e Industria está a impulsar a busca de novas oportunidades de negocio para a xoiaría galega.
Neste sentido, Galicia Calidade e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño apoian a participación neste encontro profesional que se celebra ata o domingo en Ifema de Unión Joyera de Bergondo e Ardentia, ambas de Bergondo; e Óscar Rodríguez Joyeros de Viveiro, coas súas dúas marcas comerciais Óscar Rodríguez Joyeros e Kerale. Na feira, na que se expoñen as últimas novidades de alta xoiaría e as novas propostas de vangarda, estas firmas galegas están a dar a coñecer as últimas novidades en deseño e fabricación de xoias a compradores profesionais de todo o mundo.
As tres empresas están amparadas tanto pola marca Artesanía de Galicia como polo selo de Galicia Calidade, grazas ao convenio de colaboración posto en marcha co Colexio Oficial de Xoieiros para incorporar esta certificación, que só se outorga a produtos e servizos que traballan con materias primas de alta calidade, desenvolven unha produción óptima e aportan excelencia no servizo.
Galicia Calidade, ademais de conceder o seu selo, apoia ao sector nas súas campañas de promoción, asistencia a feiras e todo tipo de eventos que permitan reforzar o prestixio da xoiaría galega non só en España, senón tamén a nivel internacional. Esta estratexia permite ás empresas buscar novos mercados, especialmente noutros países e reforzar así as súas estratexias de internacionalización. Do mesmo xeito, a participación en Madridjoya enmárcase no Plan de Artesanía de Galicia, que busca conseguir un sector artesán sólido e sostible no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento galego.
Ademais dos espazos de cada unha das firmas, Óscar Rodríguez, que participa desde 1995 nesta cita internacional, conta cunha exposición da súa colección Tesouros do Mar, Tesouros da Terra, certificada por Galicia Calidade na praza central da feira. Esta mostra está composta por 50 pezas, a maioría aneis, cun deseño ligado intimamente á natureza e realizadas con pedras preciosas, ouro, cunchas mariñas e minerais con notacións especiais da terra e o mar.
A celebración de Madridjoya coincide en Ifema coa do Salón Internacional de la Bisutería y Complementos- Bisutex e coa do Salón Internacional del Regalo y Decoración- Intergif, que están a contar coa participación de outras empresas inscritas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Así, Regal Cerámica Artesá, de Viveiro, e Rei Zentolo participan en Intergift, mentres que en Bisutex están presentes Joyas de Papel (Nigrán), Paca Peca (Santiago), Rosa Méndez (A Coruña) e Silvereira (Teo).
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.