
Por iso, Conde considera que o Goberno central debe darse de conta de que os fondos son da cidadanía, á que se lle debe axilidade, transparencia e xustiza; que as autonomías non son encomendas do Goberno; e que as empresas e os autónomos non son o inimigo.
Neste sentido Galicia está facendo os deberes, coa elaboración dunha candidatura froito da colaboración público-privada na que destacan o Polo para a Transformación de Galicia -con iniciativas como a fábrica de fibras téxtiles, o centro de economía circular ou a planta de hidróxeno verde-. Tamén co traballo ao redor de iniciativas sólidas de cara aos diferentes Pertes: co proxecto AutoÁncora no eido da automoción; co polo biotecnolóxico para a produción e envasado de vacinas de Zendal no Perte de saúde de vangarda; con proxectos de Estrella Galicia, Cafés Candelas, Jealsa ou Profand no agroalimentario; ou con importantes medidas en materia de enerxías renovables para impulsar unha Galicia máis verde.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.