
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que o gasto extraordinario da Xunta nestes dous anos de pandemia superou os 1.500 millóns de euros, segundo un informe presentado hoxe no Consello da Xunta.
No ano 2021 a covid-19 supuxo un gasto extraordinario para a Xunta de 901,7 M. Segundo explicou Feijóo, tivemos que facer un esforzo adicional de 80 M por riba dos recursos recibidos e destinamos preto de 300 M máis que no 2020 a loitar contra a pandemia e os seus efectos.
Máis polo miúdo, o presidente da Xunta explicou que os maiores reforzos centráronse en todo o referido cos gastos correntes. Foron, en concreto, 662 millóns de euros, 141 M máis que no ano 2020. Dentro deles, máis de 218 M foron para costear os gastos de persoal, case 50 M que no ano anterior, dio Feijóo.
O titular do Goberno galego tamén puxo en valor que no 2021 a Xunta aprobou uns orzamentos co triplo obxectivo de combater a pandemia, reactivar a economía e atender as necesidades das familias e sectores máis afectados pola crise. Nesa liña, as áreas que se encargan dos servizos públicos fundamentais e do emprego concentraron a maioría dos recursos, aseverou Feijóo, que detallou que Sanidade recibiu case 350 M, Educación, 158 M; Emprego, 119 M; e Política Social, 83 M.
Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.