Notas de prensa

A Sala O Abrigo reúne un conxunto de obras xurdidas como 'ecos' doutras obras

Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.

Con Novoa e Rocamora, investigadoras da Universitat Politécnica de Valencia, como comisarias, esta exposición ten como punto de partida, explican, “obras de acción que cada artista realizou de maneira individual e cuxo rexistro se traballa desde diferentes formatos e medios, como a fotografía, o vídeo e a instalación”, dando lugar a novas pezas, nun “xogo de ecos”.

Inaugurada na tarde deste xoves, esta exposición insírese nas actividades do III Congreso Internacional de Creatividade, un evento promovido polo Campus Crea co apoio da Deputación de Pontevedra, que na tarde deste venres celebra a súa clausura na sede da Vicerreitoría do campus. Dentro desta programación, a egresada da Facultade de Belas Artes Cora Novoa e a investigadora da Politécnica de Valencia Elena Rocamora deron forma a un proxecto expositivo que explora como se interrelacionan entre si un conxunto de pezas que “parten do performativo, dialogando tanto co espazo como coas outras obras”, sinala Novoa.

“Traballamos con imaxes estáticas, vídeos, diagramas, imaxes feitas obxecto...”, engade a artista e comisaria dun proxecto que parte da documentación de accións en vídeo ou fotografías. Nese senso, o punto de partida da mostra son obras individuais, mais estas “materialízanse de diferentes maneiras e repénsanse a través de diferentes formatos”, engade Rocamora, dando lugar a unha serie de “pezas eco” que dialogan tanto coas obras das dúas comisarias como coas dos artistas convidados.

Obras transformadas tamén polo público

Partindo dese cuestionamento de que acontece "cando se modifica algunha das condicións que parecían dadas”, en Contar cos dedos poden atoparse propostas como unha peza que tiña como punto de partida o rexistro en vídeo dunha performance de Novoa, que as dúas artistas volven gravar na propia Sala O Abrigo para proxectala na propia parede sobre a que se gravou, combinándoa á súa vez con obras que parten dunha peza individual na que Rocamora “traballaba sobre a inclinación do corpo”.

Do mesmo xeito, a peza de Rocamora que dá nome a exposición, unha acción “buscando os límites das mans coas mans”, foi gravada conxuntamente polas comisarias para dar lugar a unha nova obra conxunta. Por outra banda, os rexistros dunha performance de Novoa, que deran lugar a unha instalación, convértense neste proxecto nunha mesa, mentres que outras imaxes do mesmo proxecto plásmanse sobre uns coxíns sobre unha alfombra, articulando “un pequeno eco” coa Sala O Abrigo como “espazo de reunión”, xa que esta fora previamente a cafetaría da facultade.

Ao mesmo tempo, as responsables deste proxecto buscaron que estas obras tamén se vexan determinadas pola resposta do público. “Conceptualmente, traballamos coa sombra, co borroso”, apunta Rocamora, que explica que isto levounas a emprazar os proxectores de tal xeito que a sombra da persoa visitante “formase parte” dunha das instalacións en vídeo, debendo previamente atravesar a cortina empregada como pano da outra proxección para acceder á mostra. A isto súmanse propostas como “unha partitura de acción”, que convida ao público a deixar os seus zapatos na entrada da sala, dando lugar “a unha peza efémera que se irá transformando segundo a xente visite a exposición”, sinala Novoa.

Universidade de Vigo (UVigo), 2026-10-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES