
Así, no 2020 caeu 1,9 puntos menos e, o ano pasado, pese a diminuír menos o anterior, o PIB medrou dúas décimas máis. Con isto, nos dous anos de pandemia a economía galega tivo un diferencial positivo do PIB superior aos 2 puntos.
En canto ao último trimestre do ano, o PIB de Galicia medrou un 5,1% en taxa interanual e no referido á evolución sobre o terceiro trimestre, os datos do IGE mostran que a economía galega rexistrou un crecemento do 0,9%.
Desde o punto de vista da demanda, no ano 2021 o gasto en consumo final medrou un 3,7% -cun crecemento do 4,2% no gasto en consumo final dos fogares- e a formación bruta de capital creceu un 1,1%. En canto á demanda externa, as exportacións de bens e servizos medraron un 9,9% e as importacións un 6,5%.
No que respecta á oferta, os servizos medraron un 6,6% e o sector industrial un 4,1%, cun crecemento do 6,1% da industria manufactureira. Pola súa banda, o sector primario descendeu un 0,5% e o da construción un 2,4%.
Ademais, os datos de contabilidade trimestral do IGE mostran que o emprego medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo- medrou un 7,2% no ano 2021 e acadou 1.020.543 postos, 68.887 máis que no ano 2020 co que practicamente se recuperaron todos os perdidos na pandemia.
As ramas de actividade nas que mais medrou foron as relacionadas co comercio, transporte e hostalería (+11,8%), cas actividades profesionais (+7,5%) e no sector da construción (+10,4%).
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.