
A Universidade da Coruña súmase un ano máis á organización dos Premios Youtubeiras+, unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística das tres universidades públicas galegas, a Deputación da Coruña e de dez concellos, co obxectivo de promocionar o talento en galego nas redes sociais.
Estas novidades anunciáronas hoxe en rolda de prensa a vicerreitora de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Susana Reboreda; o alcalde de Ames, Blas García; o rexedor do Concello de Rois, Ramón Tojo, e a concelleira de Normalización Lingüística de Moaña, María Dolores Chapela.
Durante a presentación as autoridades participantes salientaron a colaboración das tres universidades galegas e das diferentes institucións compañeiras neste proxecto, unha colaboración amosa o compromiso coa lingua, cuxo futuro está nas novas xeracións e nas novas fórmulas de comunicación que empregan cada día.
Categorías, premios e inscrición
Nesta novena edición, os Premios Youtubeiras+ repartirán 7500 entre as persoas gañadoras das sete categorías nas que se divide o certame este ano: Canle, Creación de contidos, Podcast, Revelación, Calidade lingüística, Rede e Premio do Público. Todos os premios están dotados con 1000 , agás os das dúas primeiras categorías, cuxos galardóns ascenden aos 1250 . O prazo de inscrición xa está aberto e remata o próximo 16 de novembro ás 23.59 horas e as bases pódense consultar na web www.youtubeiras.gal.
Datos da última edición
Na anterior edición dos premios concorreron un total de 89 canles, fronte aos 68 de 2023. Deles, 49 procedían de YouTube e 40 de TikTok. Ao sumar os vídeos creados en todas estas canles ao longo do certame, o cómputo global representou máis de 19 720 minutos de novos vídeos en galego en ambas as dúas plataformas.
No referente ao Premio do Público, presentaronse 41 vídeos, fronte aos 24 do curso anterior. Para outorgar este galardón, que se decide por voto popular entre internautas, máis de 5000 persoas participaron na votación.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.