Actualidad de Economía

Noticias economia

O número de parados -150.062- é o máis baixo nun mes de abril de toda a serie histórica (1996) e o menor desde o verán do ano 2008. Ademais, a caída na evolución anual do -11,81% é tamén a maior desde 1996. Con respecto a abril de 2021, o desemprego tamén cae nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades; e en todos os sectores económicos, liderando o descenso a industria (-15,47%), seguido da construción (-14,47%), dos servizos (-12,29%) e da agricultura e a pesca (-7,35%).
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, solicitou esta mañá ao Goberno que permita a participación tanto do tecido económico como das comunidades autónomas na xestión dos fondos europeos Next Generation para poder axustar estes apoios á realidade de cada sector e de cada territorio. Conde participou na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas que se celebrou en Madrid co obxectivo de abordar a situación actual destes fondos. O vicepresidente económico reiterou a solicitude dunha maior cogobernanza nos Next Generation tendo en conta a experiencia das comunidades autónomas na xestión de recursos comunitarios.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, compareceu hoxe no Pleno do Parlamento para presentar a nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia ata 2027, que sitúa a sustentabilidade, a innovación e as persoas como os eixes das políticas de I+D+i da Xunta cunha mobilización extraordinaria de fondos de case 5000 M€ de investimento público-privado. Na súa intervención Conde explicou que, con respecto á anterior RIS3 (2014-2020), esta nova estratexia crece tanto en obxectivos como en recursos por exixencias do contexto de transformación enerxética e dixital que apremia a facer unha aposta aínda maior pola I+D+i.
A Xunta de Galicia presenta as novas convocatorias dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme, cun importe de 4,3 millóns de euros, que permitirán mobilizar 8,6 millóns, e que chegarán a unhas 90 pemes e microempresas galegas e lles permitirán introducir as vantaxes da innovación nos seus procesos de organización, produtos e servizos. Así, a Administración Autonómica segue a traballar pola mellora na competitividade das empresas galegas, favorecendo a innovación no tecido empresarial da nosa comunidade, especialmente nas empresas máis pequenas, que habitualmente atopan máis atrancos neste ámbito.
As estacións de servizo galegas terán á súa disposición unha liña de apoios para que poidan facer fronte aos anticipos que están a desembolsar ao ter que rebaixar 20 céntimos no litro de combustible ao seus clientes. A Xunta inclúe esta medida dentro do Plan de Choque que aprobou para facer fronte ao actual contexto económico no que o pagamento deses adiantos está a provocar ás gasolineiras un problema de liquidez.
Galicia cun descenso de 1.173 persoas é a terceira comunidade autónoma na que máis caeu o paro con respecto a febreiro; e a cuarta en termos relativos cun -0,76% menos de paro. En Galicia baixou o paro e aumentaron as afiliacións e a contratación tanto na evolución anual como mensual, pese ao actual contexto socioeconómico de incerteza xerado pola guerra de Ucraína, a suba enerxética e a folga de transportes. Con respecto ao inicio da pandemia (febreiro de 2020), Galicia (-7,76%) continúa cunha baixada do paro maior que a rexistrada no Estado (-4,23%) con 3,23 puntos de vantaxe. Na evolución anual, cunha caída do -15,15%, o paro volve a baixar en marzo tras as subidas experimentadas en 2020 e 2021 polo efecto da covid-19.
Galicia pechou o ano 2021 como a terceira comunidade autónoma de réxime común con menor ratio débeda/PIB, logo de reducir este indicador un punto en relación ao ano anterior, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao cuarto trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España.En concreto, a ratio débeda/PIB de Galicia baixou ata o 18,5%, en niveis prepandemia, fronte ao dato do 19,5% do peche do ano 2020. Desta forma, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España.
O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Uvigo, presentou en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura Socioeconómica I/2022. Nel destácase que 'Galicia consolida a reactivación económica' aínda que a súa recuperación 'segue a ser incompleta'. O documento, elaborado trimestralmente polos expertos do Foro Económico de Galicia Patricio Sánchez e Santiago Lago (ambos profesores da Universidade de Vigo) e Fernando González Laxe e José Francisco Armesto, 'debuxa un escenario de consolidación da reactivación económica ao presentar unha medra do 5,2%, o que supón unha décima máis que a media española', segundo indican en nota de prensa desde o foro.
A Xunta e os actores da cadea loxística de Galicia consensuarán as achegas desde Galicia á Lei que prepara o Goberno de España para aplicar ao sector de transporte de mercadorías por estrada os principios da Lei da cadea alimentaria. O obxectivo desta iniciativa é achegar propostas construtivas e adiantarse para que nesa lei se tomen en consideración as características diferenciais de Galicia, tendo en conta que o sector, aquí, está moi atomizado. A Xunta, os transportistas, distribuidores e cargadores impulsarán unha mesa xeral de diálogo para identificar os principais puntos críticos da cadea do transporte e da loxística en Galicia.
Unha vintena de concellos galegos con alta produción láctea e cinco organizacións agrarias veñen de asinar senllas cartas promovidas pola Consellería do Medio Rural para instar á ministra de Transportes a que se reúna cos convocantes do paro que leva días afectando o sector primario. En concreto, como medida que consiga un desbloqueo inmediato da situación, piden que se abra unha liña de diálogo cos transportistas que, no caso da nosa comunidade, son pequenos e medianos empresarios que se encontran -segundo se sinala en ambas misivas- nunha situación insostible derivada da alza dos prezos dos combustibles.
« Anterior | 30  de  388 | Siguiente »

Notas economia

A titular de Medio Rural informounos sobre os principais contidos e liñas xerais dos orzamentos para 2016, que presentou onte no Parlamento galego. Mantivo un primeiro contacto cos máximos responsables de Asaja-Galicia, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego (SLG).
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, clausurou hoxe os actos do XXXIII aniversario da Asociación Galega de Empresas Operadoras (AGEO), no que destacou a importancia do sector do xogo para a economía da nosa comunidade.
A conselleira do Medio Rural e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participaron na sesión de apertura dos terceiros Job days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, organizados pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial G-NP. Esta xornada ten como obxectivo facilitar o contacto entre empresarios e profesionais do sector agroalimentario e promover a mobilidade e a colocación e contratación entre ambas rexións.
Con estas melloras solicitadas preténdese favrecer máis ás familias e ás pequenas empresas. Salientou a aposta polo autoconsumo eléctrico do actual Goberno central, coa primeira regulación do sector, e nega que se cree un novo imposto, e insiste no mesmo trato fiscal dos consumidores.
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias inaugurou en Lugo as xornadas “O leite que fai crecer Galicia”. A implantación deste distintivo entre a sociedade aumentará o valor engadido deste produto, o que redundará en prezos rendibles para os produtores e accesibles para os consumidores.
Desde 2010 son máis dun cento as empresas galegas que exportan cada ano a Cuba, que brinda oportunidades de negocio en sectores nos que o tecido empresarial galego é forte, como a construción e a rehabilitación, a transformación de produtos agroalimentarios ou o turismo. Máis de vinte empresas galegas viaxan a Cuba.
La empresa lucense Torre de Núñez cierra con una gran satisfacción su participación en la Feria Anuga 2015, la feria líder para profesionales de la alimentación, que se celebró entre el 10 y el 14 de octubre en la ciudad alemana de Colonia.
A II Conferencia Internacional de Enerxías Offshore destaca a oportunidade que ofrece esta tecnoloxía para potenciar a innovación da industria naval e mellorar a competitividade do sector do metal. Ángel Bernardo Tahoces sinala a Galicia como referente con proxectos como o Wikinger ou o Hywind nos que está a participar Navantia.
A conselleira do Medio Rural e do Mar presentoulle aos municipios este selo para que, aqueles que o desexen, se unan á súa promoción e salientou o obxectivo de sumar esforzos na promoción do lácteo e de evitar unha multiplicidade de mensaxes e marcas diferentes, polo que a Xunta deseñou unha ampliación da campaña adaptada ás entidades locais que desexen voluntariamente apoiar ao sector.
O encontro, no que participan as start-ups máis innovadoras e speakers de primeiro nivel mundial, tivo na pasada edición 7.000 asistentes de 34 nacionalidades, 3.500 emprendedores, 1.800 grandes empresas e 450 investidores. O evento de emprendedores e innovación empresarial máis importante do mundo celébrase en Madrid do 7 ao 9 de outubro.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES