O director do Igape, Javier Aguilera, e o director de Internacionalización do Instituto, Abel Veiga, manterán diversos encontros con representantes de diferentes ministerios do Goberno de Cuba na procura de novas canles de cooperación, negocio ou alianza para as empresas galegas, co obxectivo de reforzar as relacións económicas bilaterais, aproveitando o novo clima de apertura comercial na illa.
Coa súa presenza en Cuba os responsables do Igape reforzarán ademais a presenza da misión empresarial coordinada pola Cámara de Comercio de Santiago, ao abeiro do Programa Foexga, apoiado pola ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria a través do Igape. A misión está integrada por 22 empresas galegas de sectores tan variados como a enxeñarÃa e consultarÃa, enerxÃa, téxtil, maquinaria, pedra natural, madeira, naval ou conservas.
O director do Igape manterá encontros con responsables dos ministerios de Comercio Exterior, Industria, EnergÃa y Minas, Cultura e Presidencia, sempre na procura de novas canles de negocio e cooperación empresarial. Aguilera participará igualmente nos encontros das empresas galegas co agregado comercial da Embaxaida de España e coa Asociación de Empresarios Españoles en Cuba, que preside o galego Xullo Fontecha.
Desde 2010, son máis dun cento as empresas galegas que cada ano exportan a Cuba, principalmente materias primas, produtos industriais, bens de equipo e produtos agroalimentarios. Cuba brinda actualmente oportunidades de negocio en sectores nos que o tecido empresarial galego é especialmente forte, como a construción e a rehabilitación, a transformación de produtos agroalimentarios ou o turismo, entre outros.
O obxectivo da misión empresarial encabezada polo director do Igape é tratar de incrementar o volume das exportacións das empresas que venden nese mercado e tender pontes para que os intercambios comerciais e as alianzas medren, de acordo coa Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020.
Ao abeiro desta folla de ruta, durante o próximo ano a ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria seguirá intensificando as accións en orixe e en destino para procurar que novas empresas se sumen á conquista de mercados exteriores e para que as empresas xa internacionalizadas consoliden a súa presenza no exterior, na procura de conseguir que as exportacións acheguen o 40% do PIB en 2020.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.