Actualidad de Economía

Noticias economia

O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura Socioeconómica II/2022. Nel destácase que España e Galicia están 'lonxe aínda de recuperar os niveis económicos prepandemia que xa acadaron Portugal, Francia ou Italia' e apúntase como 'novos factores de inestabilidade' a elevada inflación, os confinamentos manufactureiros en China, o conflito en Ucraína, o retraso na execución española dos fondos europeos e o crecente clima de incerteza financeira internacional.
Alfonso Rueda subliñou que a Axenda Financeira de Galicia 2022 aspira a mobilizar 400 M€ para axudar a facer realidade os proxectos do tecido empresarial. Lembrou que é igualmente obrigado que os fondos europeos cheguen ao tecido produtivo para xerar novas oportunidades industriais. 'Non podemos facelo en solitario. Necesitamos que o Goberno tome a iniciativa cun reparto áxil e concreto', dixo, insistindo en que se necesitan certezas para que Stellantis poida competir, para que proxectos transformadores como o polo forestal de Altri en Lugo e a planta orientada de baterías de Showa Denko na Coruña sexan unha realidade, ou para que os proxectos de reindustrialización das Pontes, a nova planta de papel tisú de Ence ou o proxecto de hidróxeno renovable de Reganosa xeren novas oportunidades.
Galicia pechou o mes de xuño con 140.932 persoas sen emprego, a terceira cifra máis baixa de toda a serie histórica de datos (1996). De feito e, tal e como apuntou a directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, só houbo menos paro en xullo e agosto de 2007 con 139.998 e 140.299 desempregados respectivamente. Lado, quen fixo hoxe unha valoración dos datos, destacou que o paro descendeu na evolución anual e mensual, e nas principais variables: en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e nas sete grandes cidades. Tamén salientou o comportamento favorable dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión en Madrid coa secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación, Raquel Yotti. Na xuntanza abordouse a asignación de fondos a Galicia a través tanto do Plan complementario de Biotecnoloxía aplicada á saúde -un sector estratéxico para a Comunidade- como dos aprobados no ámbito das ciencias mariñas, a comunicación cuántica e a biodiversidade.
O presidente da Xunta informou da avaliación por parte do Consello da Xunta da Axenda Financeira 2022, 'unha folla de ruta con diferentes programas de apoio ás empresas que suman 135,5 M€ e cos que esperamos unha mobilización público-privada de 400 M€, o triplo que o ano anterior'. Para acadar esta meta Galicia conta con distintas medidas englobadas en tres liñas: o reforzo do capital e os fondos propios das empresas; o acceso a instrumentos de débeda; e a oferta de garantías para facilitar a obtención de crédito.
Galicia reduciu un 3,4% o seu endebedamento no primeiro trimestre do ano, o que supuxo rebaixar a súa débeda en 401 millóns de euros, segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao primeiro trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España. Con estes datos, Galicia diminuíu 1,1 puntos o seu endebedamento en relación ao seu PIB, ata o 17,4%, e sitúase, deste xeito, como a terceira comunidade autónoma de réxime común cunha menor ratio débeda/PIB.
Galicia pechou o mes de maio con 146.120 persoas sen emprego, a menor cifra nun mes de maio de toda a serie histórica (1996) e tamén a máis baixa desde setembro de 2007, cando se rexistraron na comunidade autónoma 140.960 parados. Ademais, o número de persoas sen emprego sitúase por debaixo das 150.000 persoas por primeira vez desde 2008 (en xullo dese ano houbo 149.318 persoas desempregadas). En canto ao paro, con respecto ao inicio da pandemia (febreiro 2020), o desemprego reduciuse na comunidade galega nun -12,10% fronte ao -9,95% do Estado. O desempregou caeu na evolución anual e mensual e nas principais variables: en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e nas sete grandes cidades.
A Xunta de Galicia vén de incrementar este ano nun 20% o orzamento das axudas destinadas a impulsar a transformación dixital e a modernización do comercio galego de proximidade e o sector artesán, chegando así aos seis millóns de euros. Estas axudas están destinadas a pemes comerciais de menos de 20 traballadores e a obradoiros artesáns. O obxectivo desta orde é que mediante a mobilización público-privada de nove millóns de euros se poida apoiar aos sectores comercial e artesán no aproveitamento das oportunidades que ofrecen a tecnoloxía e o contexto actuais, para poder chegar aos potenciais clientes por novas vías, ofrecéndolles experiencias únicas e personalizadas nos seus procesos de compra.
A economía galega medrou no primeiro trimestre do ano 2022 un 5,1% en relación ao mesmo trimestre do ano anterior. O instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe os datos de contabilidade trimestral referentes ao primeiro trimestre deste exercicio. En canto á evolución intertrimestral, o PIB autonómico medrou un 0,7%. Desde o punto de vista da demanda, neste primeiro trimestre do ano o gasto en consumo final medrou no último ano un 2,4% -cun crecemento interanual do 3,2% no gasto en consumo final dos fogares- e as exportacións aumentaron un 4,3%.
A Axenda Galega de Capacidades para o Emprego constitúe un gran pacto social que permitirá adaptar a capacitación profesional da forza laboral galega ás necesidades do mercado de traballo. Este instrumento, da man do Estudo de Tecnoloxías Emerxentes que vén de rematar a Consellería de Emprego e Igualdade, está a permitir detectar as carencias formativas de traballadores e traballadoras da comunidade, para avanzar no deseño de actuacións con maior encaixe no actual contexto.
« Anterior | 29  de  388 | Siguiente »

Notas economia

O titular da Xunta visitou as instalacións deste grupo empresarial, un dos grandes expoñentes do sector contract en Galicia, onde están presentes os valores do emprendemento, a innovación e a internacionalización, di. Asegura que Galicia pode finalizar 2015 cun volume récord de exportacións de toda a súa historia, con máis de 1.500 novas empresas exportadoras desde 2009.
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo comezará un segundo lote de mobilizacións, despois da semana de campaña de información ao consumidor. Segundo explican, as medidas consistirán en manifestacións diante dos centros comerciais, comezado o día 10 de decembro na Coruña. Din que a situación do sector segue a ser moi semellante á de hai uns meses.
A conselleira do Medio Rural reuniuse con eles para seguir traballando a prol deste eido produtivo. Ángeles Vázquez insistiu en que o seu departamento estará vixiante para que todas e cada unha das partes cumpran co seu compromiso e cren adecuado o Real Decreto sobre declaracións obrigatorias para os fabricantes de leite.
Callón propón un imposto de sociedades do 10%, suprimir a taxa fixa de 300 euros para autónom@s, e por fin a “barra libre” de horarios.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, manteñen unha reunión coas confrarías de Ferrol. O Goberno galego encargarase de cubrir os gastos da promoción turística, como xa fixo nos convenios dos dous últimos anos coa Semana Santa ferrolá.
A Xunta presenta a ferramenta informática Xacobea na xornada sobre custes e marxes de produción do lácteo organizada polo Magrama en Madrid. Nesta xornada profesional presentaranse distintos índices que existen actualmente para a referenciación do prezo do leite de vacún, cando as partes contratantes acorden que sexa variable.
Nunha visita a dúas explotacións leiteiras en Vilalba (Lugo), Ángeles Vázquez explicou que o obxectivo desta iniciativa, á que agarda que se sumen todos os axentes da cadea de valor do leite, é facer un seguimento puntual e exhaustivo dos seus principais indicadores.
Co apoio das achegas comunitarias do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), os principais obxectivos deste programa son fomentar a competitividade da agricultura galega, promover a xestión sostible dos recursos naturais e a loita contra o cambio climático e mellorar a calidade de vida da poboación rural.
A cooperando e a aposta pola innovación como “sinónimo de futuro do naval galego” que permita gañar contratos e posicionarse internacionalmente nos nichos de mercados máis prometedores, é o obxectivo para dar un salto cualitativo na competitividade do estaleiro galego, sendo xa de aplicación a novos programas como o das próximas fragatas F-110.
2.740 empregados públicos poderán cambiar a outro posto de traballo na Xunta que se adapte mellor ás súas preferencias. A Administración galega oferta 1.305 postos para que os empregados públicos poidan elixir. O número de postos medra un 20% respecto ao anterior para garantir a mobilidade e a conciliación familiar.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES