Notas de prensa

Feijóo subliña que empresas como Cándido Hermida son a proba de que Galicia pode seguir creando emprego de calidade e superando o seu récord de exportacións

O titular da Xunta visitou as instalacións deste grupo empresarial, un dos grandes expoñentes do sector contract en Galicia, onde están presentes os valores do emprendemento, a innovación e a internacionalización, di. Asegura que Galicia pode finalizar 2015 cun volume récord de exportacións de toda a súa historia, con máis de 1.500 novas empresas exportadoras desde 2009.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que empresas como o Grupo Cándido Hermida son a proba de que Galicia pode seguir creando emprego de calidade e superando o seu índice de exportacións. Así o manifestou durante unha visita ás instalacións deste grupo empresarial, onde expresou a súa confianza en que a Comunidade finalice 2015 cun volume récord de exportacións de toda a súa historia.

Neste momento, xunto ao Grupo Cándido Hermida, máis de 100 empresas galegas forman parte do sector contract que, en 2014, realizou exportacións por valor de 980 millóns de euros; é dicir, exportou case o 6% do total rexistrado na Comunidade. Son empresas que traballaron en máis de 90 países, posto que nestes anos máis de 7.000 proxectos construtivos en todo o mundo contaron con provedores galegos.

Feijóo sinalou que as empresas galegas que o integran exportan capacidade de innovación; alta competitividade e experiencia internacional; capacidade para flexibilizar no deseño -adaptado á imaxe corporativa-, e nos prazos de entrega; e, sobre todo, calidade e fiabilidade.

O titular da Xunta destacou que no contract concíbese a construción de obra pública como un proxecto integral que debe abordarse en tres dimensións: o deseño exterior e o seu encaixe no contorno; a funcionalidade dos espazos interiores; e, o máis importante, o equipamento decorativo, que se converte en imaxe de marca. Tal e como indicou, é a gran industria da obra a medida que achega enormes posibilidades para as empresas galegas en eidos como a hostalería e o ocio, o sector téxtil e comercial, os complexos residenciais ou incluso de servizos sociais. Tanto aquí, como noutros países.

Emprendemento, innovación e internacionalización

Nesta liña, explicou que o Grupo Cándido Hermida é un dos grandes expoñentes deste sector en Galicia. Representa, dixo, un milagre económico polo xeito en que, desde Narón, foi quen de conquistar máis de 70 países. De feito, engadiu, desde 1992 é provedor de Inditex e, actualmente, desenvolve proxectos en todo o mundo para empresas de diversos sectores.

Trátase dun modelo de empresa familiar onde están presentes os valores do emprendemento, a innovación e a internacionalización, capaz de ofrecer un produto de calidade e un servizo á medida das necesidades do cliente. Segundo salientou, o Grupo Cándido Hermida, dedicado ao mobiliario industrial, facturou en 2014 máis de 60 millóns de euros; dá emprego a 600 persoas e conta con 6 centros de produción onde traballan técnicos titulados galegos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-12-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES