
Os representantes da Plataforma informan que conforme pase o tempo e se reciban compromisos firmes por parte das firmas de distribución de trasladarlle o incremento do prezo dos cartóns de leite aos gandeiros, a presión irase cambiando de centro e de localidade.
Indican que as mobilizacións terán carácter indefinido e que serán obxectivo das mesmas os non asinantes do acordo de Madrid e os que,a pesar de asinar, manteñen unha actitude contraria a dito acordo.
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo comezará un segundo lote de mobilizacións, despois da semana de campaña de información ao consumidor. Segundo explican, as medidas consistirán en manifestacións diante dos centros comerciais, comezado o dÃa 10 de decembro na Coruña.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.