//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta aplicará ata o 31 de decembro, un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estenderáas rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao ferrocarril na área de Ferrol. A redución temporal do prezo aplicarase ás tarifas dos bonos mensuais, así como ás viaxes aboadas coas tarxetasde Mobilidade de Galicia. Rueda, quen enmarcou esta nova medida na aposta da Xunta pola mobilidade sostible, fixo referencia aos fondos anunciados en xuño polo Goberno central para que as autonomías apliquen unha bonificación de ata o 50% no transporte da súa competencia a partir do 1 de setembro.
A economía galega medrou no segundo trimestre do ano 2022 un 4,4% en relación ao mesmo trimestre do ano anterior. O instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe os datos de contabilidade trimestral referentes ao segundo trimestre deste exercicio. En canto á evolución intertrimestral, o PIB autonómico medrou un 1,1%. Desde o punto de vista da demanda, neste segundo trimestre o gasto en consumo final dos fogares e ISFLSF medrou no último ano un 1,8% e as exportacións de bens e servizos aumentaron un 7,3%. No que respecta á oferta, en termos anuais, os servizos medraron un 6,5%, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (+19,7%); e a industria manufactureira un 4,7%.
En concreto, contruiranse novos viveiros en Cospeito, Bóveda e Baleira (Lugo), así como na Veiga e no Carballiño (Ourense). Tamén en Val do Dubra (A Coruña) e Dozón (Pontevedra). Estarán apoiados a través de axudas autonómicas que suman 1,68 millóns de euros e que alcanzarán un investimento total de 2,3 millóns. Xunto con estas axudas, a Xunta de Galicia tamén concedeu 3,25 millóns de euros para impulsar a mellora das infraestruturas dos polígonos empresariais de 38 concellos galegos para acondicionar viais, instalar sistemas de seguridade e vixilancia, xestionar residuos e depurar augas, entre outras actuacións.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade continúa a promover a responsabilidade social empresarial (RSE) a través do programa Responsabilízate, para axudar a unhas 180 pemes galegas a ser máis sostibles e impulsar a súa competitividade. O programa permite asesorar de xeito gratuíto ás firmas participantes na incorporación de criterios sostibles á súa xestión a través da aplicación de valores ambientais, sociais e de gobernanza. A actuación, ademais, inclúe o acompañamento na posta en marcha de medidas que fomenten a igualdade de oportunidades.
A Academia Makers ofrecerá ás persoas con interese en emprender dúas actividades: accións formativas sobre competencias básicas para o emprendemento; e os modelos de innovación de emprendemento para makers. Así, os emprendedores potenciais dentro da comunidade maker adquirirán coñecementos sobre ferramentas de xestión e competencias sobre temas específicos de innovación para aumentar as súas probabilidades de éxito na súa inserción empresarial como emprendedores. O programa sempre segue a filosofía maker coa que os emprendedores aprenden a través do que fan, sobre todo en eidos que implican colaboración e tecnoloxía.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego axudará con apoios de ata 10.600 euros ás persoas autónomas que se encontren en situación de desemprego e desexen volver emprender tras ter que cesar a súa antiga actividade por causas económicas e a aquelas que teñan en mente cambiar de actividade económica para volver emprender nun sector emerxente. Para iso, o Consello da Xunta aprobou hoxe as bases coas que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocará o bono Nova oportunidade, que estará dotado con cinco millóns de euros. Con este crédito, o Goberno galego prevé poder beneficiar a preto de 500 persoas traballadoras por conta propia.
Galicia acadou no mes de xullo a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica (desde 1996) con 139.850 persoas desempregadas. O paro cae e as afiliacións aumentan tanto na evolución anual como mensual. Con respecto a xuño, o paro cae en Galicia (-0,77%), mentres que en España aumenta (+0,11%). De feito, a comunidade galega posiciónase como a cuarta rexión na que máis descende o desemprego tanto en termos relativos como en absolutos. Decreceu nun 0,77%, caendo en todos os sectores de actividade, excepto nos servizos. Liderou o descenso a agricultura e a pesca (-4,04%). O paro tamén baixou nos principais colectivos con máis dificultades para atopar un emprego, destacando o ritmo de caída entre os menores de 30 anos (-4,97%).
A Xunta vén de aprobar un límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma para o exercicio 2023 de 12.599 millóns de euros, o máis alto da historia da Administración autonómica, para atender as prioridades dos galegos. Concretamente, o teito aprobado hoxe no Consello extraordinario sitúase un 8,2 % por riba do orzamento do presente exercicio, o que permitirá elevar a capacidade financeira da Comunidade en 958 M. Esa marxe adicional destinarase a desenvolver os eixes expostos no debate de investidura: traballo, familia e futuro. Galicia é a primeira comunidade autónoma que adopta esta decisión.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou tras a celebración do Consello da Xunta que os damnificados polo episodio excepcional de incendios forestais poderán solicitar as axudas de inmediato, tendo en conta que as ordes sairán publicadas no Diario Oficial de Galicia do venres 29. Na reunión do Goberno galego celebrada hoxe deuse conformidade ao decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 e dos criterios das bases reguladoras da concesión de axudas para a reparación de ditos danos, ademais de autorizar ás consellerías á publicación das correspondentes convocatorias.
O impulso de empresas tractoras que promovan modelos de innovación aberta e busquen estar en contacto con novas tecnoloxías que consoliden os seus modelos de negocio é a meta que persegue Unirisco, a primeira empresa de capital risco vinculada aos proxectos das universidades galegas. Os reitores da USC e da UDC, Antonio López e Julio Abalde, xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e José Ramón Rioboo, deputado de Emprego, acaban de asinar un protocolo de colaboración para impulsar na provincia, a través de Unirisco, a creación de novas empresas innovadoras cunha importante base tecnolóxica.
O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, acusou ao PP de furtarlle o futuro á xeración de mozos e mozas mellor formada da historia de Galicia. O PPdeG vetou unha proposición non de Lei presentada polo deputado socialista para coordinar os recursos da FP coa Consellería de Traballo e facilitar a busca de emprego para a xuventude.
O Observatorio Económico Ourensán resalta que a relación de afiliados sobre pensionistas leva dous anos mellorando grazas á creación de emprego. O informe presentado reflicte que a área metropolitana de Ourense, cun 41% máis de afiliados que de pensionistas, está en mellor situación que Galicia. O Observatorio inclúe un traballo das pensións contributivas.
A Xunta aplaude que os representantes do cerco valorasen positivamente a proposta de reasignación de cota deseñada pola Administración galega a petición do propio sector. A conselleira do Mar reuniuse cos representantes do sector e os sindicatos para buscar unha "base mínima" de posibilidades de pesca para os barcos que teñen cota.
A liña de apoios Reforma 15, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, impulsou vendas por 11 millóns de euros e mobilizou máis de 20 millóns en investimentos, dinamizando o emprego entre autónomos e Pemes da construción. O Igape lanza unha nova liña de axudas de 30 millóns de euros.
As peaxes das autoestradas autonómicas non subirán por terceiro ano consecutivo, o que garante que a AG-55 e a AG-57 seguirán estando entre as máis baratas de España. O Consello da Xunta autorizou a habilitación dun crédito de 2,3 millóns de euros para renovar as bonificacións ata o ano 2019.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria destaca que o compromiso coa calidade dos viños da adega pontevedresa Paco & Lola está a impulsar o proceso de internacionalización dunha compañía que exporta o 40% da súa produción en 40 países como Estados Unidos, Reino Unido ou Holanda.
El gobierno gallego recuerda que el paro bajó un 9,44% a lo largo de los últimos 12 meses, una bajada positiva, pero no suficiente. Se organizarán cursos de formación, talleres de empleo destinados al público general y a los menores de 30 años y programas integrados de empleo.
Os consellos reguladores celebraron unha xuntanza para facer unha análise da situación dos consellos reguladores de Galicia. Debatiron a necesidade de poñer freo á celebración indiscriminada de feiras ecolóxicas, nas que non hai ningún produtor certificado.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, fixo hoxe entrega en Palas de Rei do distintivo, que certifica xa máis de 300 produtos de 53 empresas. Na actualidade 4 empresas galegas do sector do ovo están avaladas por este distintivo de calidade da Xunta.
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, subliñou que se trata das primeiras contas expansivas desde 2008, ao incorporar unha suba do gasto autonómico de 430 millóns de euros xunto coa maior rebaixa dos impostos da historia de Galicia.