
Docasar advertiu que o problema do paro xuvenil, cunha taxa de perto do 50 por cento en Galicia, resulta insoportable e esixe unha grande determinación e vontade política das que o goberno galego e o PP están demostrando carecer. Advertiu que o desleixo do goberno galego deixa sen expectativas aos mozos e mozas que só poden agardar a rematar a súa formación para pasar a encher as cifras do desemprego.
O responsable socialista propuxo aproveitar a enorme experiencia actualmente desaproveitada en perto de 200 centros educativos que imparten Formación Profesional en Galicia. e reclamou poñer todos os recursos humanos e materiais cos que conta o goberno galego a disposición da mellora da inserción laboral da nosa xente moza.
Considera imperdoable o veto do PP a poñer ao servizo desta causa tódolos recursos humanos cos que contan as administracións públicas para intentar mellorar esta insoportable lacra social.
Lembrou Docasar aos equipos directivos, titores de prácticas en empresas, responsables de Formación en Centros de Traballo ou departamentos de orientación cunha experiencia de anos colaborando co sector empresarial para a inserción laboral de estudantes e que está a ser desaproveitada e ignorada polo goberno galego.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.