
Celebrouse en Monforte de Lemos o xantar anual do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (CRAEGA) que integra aos 21 consellos reguladores da comunidade autonónoma (CCRR). Este acto estivo organizado, este ano, polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Ao acto acudirón un cento de membros dos CCRR de toda Galicia que estiveron acompañados pola conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, e a homóloga do Mar, Rosa Quintana Carballo. No xantar tamén paticipou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.
Previo ao xantar e perante dous horas e media, os presidentes e secretarios dos consellos reguladores celebraron unha xuntanza para facer unha análise da situación dos consellos reguladores da nosa comunidade.
En primeiro lugar, falouse da necesidade de diferenciar entre o selo Galicia Calidade e o dos Consellos de Galicia Tamén se analizou a necesidade de poñer freo á celebración indiscriminada de feiras ecolóxicas,nas que non hai ningún produtor certificado, xa que segundo o presidente de Craega, José Antonio Fernández Álvarez non son feiras ecolóxicas, tan só utilizan o nome. É importante que neste tipo de feiras só podan concorrir os produtores certificados.
Os presidentes dos consellos acordaron reunirse o vindeiro mes para elaborar un informe sobre a situación do setor e remitir as conclusións ás Administracions. O xantar caracterizouse polo menú, pois foi cento por cento ecolóxico, elaborado con produtos con denominación de orixe e identificación xeográfica protexida.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.