//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Foi presentada en Pontevedra a Axenda Galega das Capacidades para o Emprego no marco do Salón da oferta e da educación e formación de Galicia -Edugal- que hoxe se inaugurou. A Axenda Galega das Capacidades para o Emprego responde á estratexia da Comisión Europea que establece os obxectivos de capacitación e reciclaxe profesional para os próximos cinco anos a través de doce accións centradas nas capacidades para o emprego. Do que se trata é de asegurar que as persoas teñan a formación axeitada para o traballo, definir ferramentas e iniciativas que apoien ás persoas na súa formación ao longo de toda a súa vida e establecer un marco de colaboración público-privada.
Máis de 112.000 clientes de toda Galicia descargaron xa o Bono Activa Comercio en pouco máis de 24 horas (onte foi o primeiro día no que puideron solicitarse estes descontos), mentres que o número de comercios adheridos supera os 4.500. Os bonos, en formato de código QR, poden descargarse a través do móbil na web bonosactivacomercio.gal, onde tamén poden sumarse ata o 30 de novembro novos establecementos comerciais. A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes.
Nesta segunda edición, á que xa se sumaron en seis días máis de 3.000 comerciantes galegos, a partir do próximo luns, 24 de outubro, e ata o 31 de decembro os clientes poderán descargarse a través da web bonosactivacomercio.gal bonos desconto por 30 euros, que poderán empregar nos comercios finalmente adheridos. A principal novidade deste ano é que se amplían os tramos de desconto e os importes, de tal xeito que para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30, o desconto será de 5 euros; para compras a partir de 30 e inferiores a 50, será de 10 euros; e para os que superen os 50 euros o desconto será de 15 euros.
O presidente da Xunta anunciou que o Consello deu luz verde nunha reunión extraordinaria ao proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para 2023, os orzamentos máis altos da historia de Galicia, que ascenden a 12.620 millóns de euros e inclúen un conxunto de medidas de impulso para apoiar ás persoas, familias e empresas e fortalecer os servizos públicos. 'Nun contexto económico como o actual temos a obriga, máis que nunca, de axudar á xente a afrontar as dificultades e de que os esforzos se repartan dun xeito xusto e equitativo', destacou Rueda, quen fixo fincapé en que Galicia se converte así 'nunha das primeiras autonomías' en aprobar os seus orzamentos.
Os Orzamentos do vindeiro ano 2023 incluirán máis de 2.700 millóns de euros para investimentos, un 8,5 % máis que no presente exercicio. Así llo avanzou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos aos representantes das organizacións sindicais e da Confederación de Empresarios de Galicia. O titular de Facenda trasladoulle as liñas xerais das contas do ano que vén e que a Xunta presentará a vindeira semana. Neste sentido, explicoulles que Galicia vai priorizar o apoio aos sectores, familias e empresas máis afectadas pola inflación, garantir os medios e o persoal precisos para continuar prestando uns servizos públicos de calidade, e seguir modernizando a sanidade, a educación e as políticas sociais.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura Socioeconómica III/2022. Nel destácase que a economía galega minora o seu crecemento (4,4% fronte ao 6,8% de España). O documento está asinado polos economistas Patricio Sánchez e Santiago Lago , José Francisco Armesto Piña e Fernando González Laxe, coordinador este último do estudo. Segundo indican en nota de prensa, 'nun contexto de elevado grao de incerteza e o mantemento de tensións inflacionistas, a economía galega modera o seu crecemento no terceiro trimestre do ano, que se sitúa no 4,4%, sete décimas menos que nos trimestres anteriores'.
Galicia pechou setembro coa segunda cifra de paro (144.109) máis baixa de toda a serie histórica (1996) nese mes. Deste xeito, o desemprego baixou en Galicia no último ano nun -5,84% (-8.945 persoas). O paro caeu nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades; e en todos os sectores económicos liderando o descenso por sexto mes consecutivo a industria (-12,22%). O desemprego tamén baixou con respecto a setembro de 2021 entre os colectivos prioritarios para a Xunta como son os menores de 30 anos (-9,77%) e as mulleres (-6,23%)
Galicia é a 3ª comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante no segundo trimestre do ano, segundo os datos publicados hoxe polo Banco de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.393 euros, fronte aos 6.699 euros da media española, co que cada galego debe hoxe 2.306 euros menos que a media autonómica. Con estes datos, Galicia, co 17,7%, ten un diferencial positivo de débeda coa media de 7,2 puntos no segundo trimestre, xa que o conxunto das CC.AA. ten unha ratio débeda/PIB do 24,9%.
Máis de 170.000 galegos se beneficiaron en 2021 da baixada fiscal da Xunta no Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD) e do Programa Impostos Cero no rural. Concretamente, 125.971 galegos recibiron unha herdanza, en morte ou en vida, o ano pasado e non pagaron polo imposto de Sucesións e Doazóns grazas á rebaixa fiscal aprobada polo Goberno galego que deixa libre de tributación a máis do 99% dos contribuíntes cando reciben unha herdanza dun familiar directo. Por outra banda, 26.934 cidadáns galegos se beneficiaron do programa Impostos cero no rural.
A Xunta de Galicia advirte de que só a máxima participación das Comunidades Autónomas no reparto dos fondos europeos permitirá que se lles saque o máximo partido. Así o puxo de manifesto o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, quen participou o mércores en Madrid nun seminario organizado pola Comisión Europea para analizar e impulsar os investimentos para unha economía verde, dixital e xusta, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O responsable da Facenda galega apuntou que existen dificultades para a súa xestión óptima, como a falta dunha planificación consensuada.
Biofach está considerada a feira de referencia mundial no sector dos alimentos ecolóxicos. Na pasada edición contou con máis de 44.000 visitantes profesionais de 136 países e cun total de 2.344 expositores. Paralelamente, celébrase o Salón Monográfico Internacional de Cosmética Natural Vivaness.
O Parlamento de Galicia aprobou a proposición non de lei do Grupo Popular para por en marcha un Programa de Mercados no Camiño que sexa capaz de aproveitar as oportunidades da Ruta Xacobea para os pequenos produtores e os comerciantes das prazas de abastos e mercados dos concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago.
O portavoz parlamentario do BNG pediu explicacións ao presidente sobre o convenio asinado pola Xunta que rebaixa ata un 60% a taxa que paga ENCE por usar o Porto de Ribadeo. Para facerlle un favor a ENCE, afirmou Jorquera, perdemos medio millón de euros ao ano, todo "pola pasta", según denunció el portavoz nacionalista durante el debate parlamentario.
Tres de cada catro destes proxectos están a ser desenvolvidos por microempresas e pequenas compañías. Os créditos brandos de apoio abranguen desde un obradoiro tradicional para a fabricación de pan ata a adquisición de maquinaria para incrementar a capacidade produtiva das compañías.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Consello Galego de Cooperativas, informará sobre as potencialidades do cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e xerar emprego. No evento estarán presentes 10 cooperativas representativas do sector agroalimentario galego.
O concelleiro de Promoción Económica, Servizos Xerais e Cooperación Institucional do Concello de Ourense, Jorge Pumar, mantivo unha reunión en Madrid con Carmen Casero González, directora xeral do Trabajo Autónomo, da Economía Social e da Responsabilidade Social das Empresas, dependente do Ministerio de Emprgeo e Seguridade Social.
O obxectivo do Fondo de proba de concepto é comprobar se as ideas e a innovación que desenvolvemos neste momento en Galicia pode ter éxito empresarial e, nese caso, acompañar os investigadores ata acadalo". Estará dotado inicialmente con 1.650.000 euros, unha cantidade que se poderá ver incrementada con outras institucións públicas e privadas.
Estudará todas as alternativas na rúa, nas institucións e na xustiza para enfrontar esa decisión e reclamará ao futuro Executivo que a derrogue. Vence: É unha decisión corrupta a favor da pasteira en cuxo consello de administración sentan destacadas figuras deste partido político.
A concesión apresurada da prórroga por un goberno en funcións deixa ás claras a convivencia do PP coa empresa. AGE recorrerá a decisión por vía administrativa e instará ao Goberno a revisar e anular dita resolución. O viceportavoz de AGE, Antón Sánchez, asegura que Feijoo faille o traballo a empresa e pretende colocarse de perfil ante un asunto fundamental para Galiza.
O titular da Xunta asistiu ao acto que oficializa o inicio de fabricación das estruturas flotantes que Navantia Fene construirá para o parque eólico Hywind, en Escocia. Precisa que se trata do segundo contrato en menos dun ano que Navantia Fene consegue no eido da eólica mariña para a empresa enerxética noruega Statoil.