//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A Comisión Europea acaba de aprobar os programas dos fondos estruturais Feder e FSE+ xestionados pola Xunta para o período 2021-2027, que achegarán a Galicia 2.300 M entre as axudas europeas e a cofinanciación da Comunidade Autónoma. O Programa Galicia FEDER 2021-2027, deseñado para recibir a axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, conta cunha asignación financeira da UE que ascende a 940,2 M, o que, xunto coa financiación da Xunta, achegará un importe total para o Programa de 1.567 millóns de euros. Unha cantidade coa que se seguirá traballando para impulsar a innovación, a transición dixital e a competitividade das pemes, así como para avanzar na transición ecolóxica.
As contas públicas de Galicia para o ano 2023 recibiron hoxe o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos son os máis altos da historia da Comunidade e ascenden a 12.620 millóns de euros para apoiar ás familias, a dinamización económica e fortalecer os servizos públicos. Son tamén uns presupostos de impulso, do impulso que Galicia necesita. Os presupostos de 2023 reforzan un ano máis o gasto social, é dicir, a sanidade, a educación, as políticas sociais, e o fomento do emprego. Así, estes orzamentos inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 9.368 millóns de euros (709M máis que no vixente exercicio) para sanidade, ensino, políticas sociais e emprego.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou que o éxito da marca Galicia Calidade asociara para sempre a excelencia ao nome e aos produtos da Comunidade. Na gala na que se celebrou o XXV aniversario do distintivo, o titular do Goberno galego puxo en valor a traxectoria das 150 empresas que se animaron a formar parte 'dunha marca esixente' e que contribuíron á singularidade e ao prestixio da Comunidade galega en todo o mundo.
'Vinte e cinco anos despois, está marca segue representado o desexo de ser excelentes e seguir triunfando', aseverou o mandatario galego na súa intervención.
Galicia pechou novembro coa cifra de paro (142.758) máis baixa de toda a serie histórica neste mes, no que baixou o desemprego tanto na evolución anual como mensual e aumentaron as afiliacións con respecto a hai un ano. Con respecto a novembro de 2021, o paro caeu nun 6,54% , descendendo en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e sete grandes cidades. En canto ás actividades económicas, liderou a baixada o sector primario (-13,33%) seguido da industria (-12,05%), a construción (-7,70%) e os servizos (-5,61%). O paro tamén caeu nos colectivos con máis dificultades para atopar un traballo: entre os menores de 30 anos (-11,16%), parados de longa duración (-10,05%) e mulleres (-6,70%).
O presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe a xestión de Galicia dos fondos europeos Next Generation e instou agora ao Goberno central a axilizar o reparto dos mesmos para que a Comunidade galega non perda esta 'enorme oportunidade histórica'. 'É un tren importante que non podemos deixar pasar e aínda estamos a tempo, porque do contrario ímonos arrepentir moitísimo', advertiu Rueda na súa intervención na clausura do Foro Next Generation, organizado por El Economista en Santiago de Compostela, na que admitiu a 'preocupación' porque estes investimentos non está a chegar.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou hoxe que o Goberno galego 'xa ten mobilizados a práctica totalidade' dos 937 M que Galicia recibiu do Executivo central ao abeiro dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR). O total dos fondos Next Generation no tramo de subvencións ou transferencias financeiras non reembolsables para España acada os 77.234 millóns de euros. Destes fondos, Galicia ten asignados 1.285 M, pero polo momento só recibiu 937 M, é dicir, 'aínda falta por transferir unha cuarta parte dos fondos', resaltou Rueda, quen reclamou premura ao Goberno central para non deixar escapar unha oportunidade única como son estes fondos europeos.
O Bono Activa Comercio xa mobilizou preto de 5 millóns de euros en vendas no comercio de proximidade galego. Ata a data adheríronse á iniciativa máis de 6.200 establecementos, e esta cifra pode seguir aumentando ata o 30 de novembro. A Administración autonómica xa ingresou aos negocios participantes preto dun millón de euros, correspondentes aos bonos xa utilizados polos clientes. En total a Administración autonómica destina 5 millóns de euros a este programa co que se busca impulsar as compras no comercio de proximidade, atraendo clientela aos establecementos locais e contribuíndo ao mesmo tempo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos.
Ao longo de 2021 retomouse a tendencia crecente da actividade emprendedora en Galicia, que quedara en suspenso durante a pandemia, e que o ano pasado resistiu a crise sanitaria, evitando o peche de iniciativas emprendedoras e mantendo as xa consolidadas, 'malia que todos os indicadores deben observarse con certa prudencia'. O 27% da poboación galega percibe a existencia de oportunidades para emprender e o 51% considera que ten coñecementos e habilidades para facelo. Estas porcentaxes correspondentes ao ano 2021, indican 'que se recuperou parte da confianza para emprender (aínda que esta aínda se sitúa por baixo da observada nos ámbitos estatal e internacional) e que se mantén a autoconfianza nas capacidades propias para emprender (con valores similares aos observados nos eidos estatal e internacional)', matiza o informe.
O desemprego en Galicia baixou por primeira vez de toda a serie histórica (1996) nun mes de outubro con respecto ao mes anterior (setembro). Así, na comparativa mensual, o paro descendeu nun 0,27%, unha baixada que ten lugar en todos os sectores de actividade. Galicia é unha das dez comunidades autónomas onde cae o paro este mes. Na comparativa anual, con respecto a outubro de 2021, o paro tamén descendeu, nun -6,70% e caeu nas principais variables: nas catro provincias e nas sete cidades galegas e, ao igual que na comparativa mensual, en todos os sectores económicos. Con respecto a hai un ano, lidera a baixada o sector primario (-12,73%) seguido da industria (-12,28%), da construción (-8,35%) e dos servizos (-5,68%).
O mércores 2 de novembro abre o prazo para descargar o Bono Cultura da Xunta, o programa de descontos do 50% na compra de produtos ou utilización de servizos culturais ao que o Goberno autonómico dá continuidade este ano para favorecer o fortalecemento do sector e axudar a particulares e negocios no contexto económico de suba de prezos. Poderá facerse con el calquera persoa maior de idade que teña a súa residencia en Galicia e a descarga estará activa a través da web bonocultura.gal, onde se emitirá en formato dixital a través dun código QR.
A deputada Yolanda Díaz acompañada polo alcalde de Ferrol Jorge Suárez presentaron na cidade a proposición non de lei dun Plan Industrial para Navantia-Ferrol e Navantia-Fene que En Marea rexistrou no Congreso dos Deputados e que se debaterá na Comisión de Facenda, en Madrid, o mércores 16 de marzo.
Alemaña supuxo o 11,6% do total do turismo internacional rexistrado no pasado ano na nosa comunidade, consolidándose como o segundo país internacional máis importante para Galicia, so por detrás de Portugal. Turismo de Galicia ampliou a súa presenza na IBT de Berlín cun espazo diferenciado para os encontros comerciais de profesionais do sector.
O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, denunciou que unha vez máis os contratos a baixa son sufragados polos traballadores que verán reducidos os seus salarios e condicións laborais co conseguinte risco para a seguridade do estaleiro.
As deputadas e deputados de En Marea presentaron no rexistro do Congreso unha proposición non de lei para que se revisen os criterios de reparto de cotas para o sector do cerco, pois o actual sistema supón unha ameaza para miles de postos de traballo nas poboacións costeiras.
No ano 2015 comercializáronse baixo o amparo desta IXP máis de 19.800 toneladas de carne, o que supón un incremento do 6,7% con respecto a 2014, e o valor económico en primeira venda da produción amparada superou os 112 millóns de euros, un 4% máis que no exercicio anterior, según os datos do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
Salienta que máis de 40 edificios rehabilitados, case 100 vivendas recuperadas e ocupadas por familias e máis de 25 locais comerciais habilitados fan que o Casco Vello sexa de novo un espazo de dinamismo central; e avanza a recuperación de 30 novas vivendas e 11 locais comerciais.
Nesta batería de propostas reclámase máis transparencia en todos os elos da cadea de valor, o fomento do consumo dos produtos lácteos no mercado interior da UE e a identificación da orixe dos produtos lácteos. Outras propostas pasan por subir o prezo e do volume de intervención tanto do leite en po como de manteiga, un control e unha regularización.
A conselleira do Medio Rural destaca a importancia de ter logrado sentar por primeira vez nunha mesa a todos os elos da cadea do sector lácteo. No encontro previsto para o 2 de marzo en Compostela, os implicados comezarán por facer un cronograma dos pasos a seguir para afrontar os problemas do sector.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrarán este ano un ciclo de xornadas os perfís dixitais que xorden das novas tendencias tecnolóxicas e ofrecerán formación especializada en TIC para empregados públicos, docentes e familias de Galicia.
Estas listas son utilizadas pola Xunta para a contratación de persoal laboral temporal e para o nomeamento de funcionarios interinos. A inscrición poderase realizar en 25 listas, das que sete ábrense neste 2016. Os interesados terán de prazo ata o 15 de xullo e a Xunta actualiza os méritos das persoas que xa forman parte das listas, que non teñen que inscribirse.