//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, valorou hoxe os datos do paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social destacando a boa evolución do mercado de traballo de Galicia que no último ano (comparativa entre xaneiro de 2023 e xaneiro de 2022) rexistrou unha caída do desemprego do -5,77% (-8.884 persoas). A cifra actual de paro, 145.048 persoas, é a máis baixa contabilizada nun mes de xaneiro de toda a serie histórica (1996).
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este martes en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura socioeconómica IV/2022. Nel destácase que a economía galega frea a súa actividade. O informe, que se elabora trimestralmente, está asinado polos economistas Patricio Sánchez e Santiago Lago (ambos da Universidade de Vigo) e José Francisco Armesto e Fernando González Laxe, coordinador este último do estudo. Segundo indican en nota de prensa desde o Foro Económico de Galicia, 'a actividade económica galega presenta no terceiro trimestre do ano unha significativa ralentización do seu ritmo de crecemento'.
O estudo dos impactos ambientais de diferentes estratexias de economía circular é o obxectivo da investigación desenvolvida por Antonio J. Cortés no Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS). Concretamente, a análise centrouse na detección dos retos que deben afrontar os sectores primarios estratéxicos agricultura, gandaría e pesca , no seu camiño cara á sustentabilidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu hoxe o apoio do Goberno galego á construción para afrontar a alza de custos e puxo en valor a calidade, sustentabilidade, a unidade e a formación como claves para a súa fortaleza, sobre todo de cara a un 'ano decisivo'. 'É un sector que temos que coidar', defendeu Rueda, quen argumentou que se trata dunha actividade 'fundamental para Galicia, xa que é símbolo de potencia económica'. 'Se funciona o sector da construción é porque está funcionando o tecido económico', aseverou o mandatario galego durante a súa participación hoxe na sinatura dun protocolo de colaboración entre a Xunta, a Fundación Laboral da Construción e a Fundación Catedral para formar operarios no eido da restauración.
A comunidade galega despediu 2022 cun total de 142.222 persoas desempregadas en decembro, a cifra máis baixa de toda a serie histórica (1996) para este mes, no que o descenso do paro en colectivos prioritarios como o de menores de 30 ou mulleres, obtivo o mellor dato en 17 anos, desde que se conta con rexistros oficiais. Respecto de decembro de 2021 contabilizáronse 10.362 (-6,79%) galegas e galegos menos en situación de desemprego. Nun ano caeu o paro nas catro provincias galegas e nas sete cidades.
A Xunta manterá a partir do vindeiro 1 de xaneiro o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol. O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a orde que permite continuar con estas bonificacións do 50% no transporte público autonómico, que se aplicará sobre as tarifas dos bonos multiviaxe e das tarxetas de Mobilidade de Galicia, TMG e Xente Nova. A orde regula o establecemento dunha minoración adicional e temporal nas tarifas bonificadas de aplicación no transporte público interurbano da competencia da Xunta.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe o convenio co que a Xunta vai impedir unha suba do 7% nas peaxes das autoestradas autonómicas e lamentou a 'pésima noticia para Galicia' do incremento das tarifas da AP-9 e da AP-53. Vázquez Mourelle, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, asinou hoxe co director xeral da concesionaria Autoestradas de Galicia, César Canal, o convenio que establece as tarifas que se van aplicar a partir do vindeiro 1 de xaneiro nas dúas autoestradas de xestión autonómica, A Coruña-Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57).
O Plan Estratéxico da Conserva 2022-2030 é unha folla de ruta coa que o Goberno galego busca reforzar a calidade, o potencial exportador e a innovación dun sector crucial para a economía e o territorio galego. Trátase dunha planificación, elaborada polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco-Cecopesca), que inclúe arredor de 80 medidas para consolidar Galicia como un referente mundial neste eido. Vaise actuar en sete eixos: a financiación, a produción, a comercialización e exportación, a I+D+i, no emprego e na reputación social.
A Xunta puxo en marcha o ano pasado o Bono Activa Comercio con descontos de 30 euros para os beneficiarios. Nada máis saír a convocatoria no mes de outubro, esgotáronse en tres días os bonos dispoñibles. Desde a súa posta en marcha foron máis de 166.000 os galegos que os descargaron para facer as súas compras nos máis de 6300 comercios adheridos en toda Galicia, de tal maneira que o 60% dos concellos galegos contan con algún establecemento asociado.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello autorizou hoxe que o Goberno galego conxele en 2023 as tarifas das peaxes das autoestradas autonómicas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) para contrarrestar e mitigar os efectos do incremento do IPC nas tarifas. As autoestradas autonómicas galegas xa son as máis baratas de toda España e queremos que o sigan sendo, resaltou Rueda, quen anunciou que a Xunta xa se puxo en contacto co Goberno central para demandar a conxelación das peaxes nas vías de titularidade estatal.
Trátase dun certame destinado ao público final organizado polo operador turístico máis importante do país veciño. O turismo galego promocionarase, así, en Portugal, o principal mercado emisor internacional da Comunidade galega. O número de turistas portugueses medrou un 14% en 2015 en relación ao ano anterior.
A Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, presentou o resumo de actividades organizadas durante o pasado ano. En total, no recinto feiral celebráronse 10 feiras e 26 eventos que atraeron a máis de 116.000 visitantes, a 906 expositores e 350 relatores achegados dun total de 47 países.
Entre o 4 e o 7 de abril, o XXX Salón Internacional de Gourmets, en Madrid, acolle degustacións de produtos lácteos, cárnicos, ecolóxicos, viños e outros como a torta de Santiago ou croquetas de calidade. Un programa atractivo que se consolida coa oferta dos produtos do mar frescos, de acuicultura e en conserva.
Participan Artefacto, Ficción, Filmanova Invest, International Audiovisual Communication, Intuitive Productions, Matriuska, Maruxiña Films, Obradoiro Cab Sad, Portocabo, Somadrome, Tree Line, Vía Láctea, Voz Audiovisual e Zenit TV. Igape e Agadic colaboran na promoción desta misión comercial.
Na inauguración do XXV Salón do Automóbil de Vigo, destacouse que a facturación do sector medrou máis dun 8% e sumou 8.200 millóns de euros en 2015, mentres que as exportacións alcanzan o 31% do total galego. A Xunta impulsará, xunto con Ceaga e PSA, unha aceleradora de innovación no sector para seguir incorporando coñecemento e tamén a proxección exterior.
A firma, con 54 traballadores e que superou os 14,5 millóns de euros de facturación en 2014, pode incluír na súa etiquetaxe o selo Galicia Calidade para os produtos de carne de porco criado en Galicia e para o chourizo Sadepor. A marca de garantía conta xa con máis de 300 produtos certificados de 72 compañías diferentes, cunha forte presenza do sector alimentario.
Yolanda Díaz (En Marea): Mañá esixiremos no Congreso un novo modelo enerxético que lle permita a Alcoa que competir co resto de industrias europeas electrointensivas.
O grupo de traballo está integrado pola Agadic, Turismo de Galicia, TVG, Academia Galega do Audiovisual, Clúster Audiovisual Galego e as asociacións de produtoras independentes, empresas, guionistas, directores e realizadores co obxectivo de abrir un proceso de debate cara a elaboración dun plan 2016-2020 para o sector galego.
O titular da Xunta mantivo unha reunión coa embaixadora de Australia en España, Virginia Greville. Un dos aspectos máis importantes do contrato dos dous buques de aprovisionamento en combate é que a construción se levaría a cabo no estaleiro de orixe; é dicir, de resultar gañadora Navantia, o proxecto executaríase en Navantia Ferrol.
Con estas prazas en convocatoria pública, a Xunta de Galicia reforza eidos prioritarios como a loita contra a fraude e o control das finanzas públicas, así como o corpo administrativo e o auxiliar. Máis de 750 persoas opositarán pola quenda reservada á discapacidade. A realización do primeiro exercicio prevese para antes do verán.