
A deputada de En Marea Yolanda Díaz mantivo unha xuntanza de traballo co comité de empresa de Alcoa para preparar conxuntamente con eles a defensa da iniciativa para garantir o futuro industrial da factoría que mañá se debaterá na Comisión de Industria do Congreso dos Deputados. A iniciativa de En Marea esixe un novo modelo enerxético sostible, social e galego, eliminar o sistema de interrumpibilidade eléctrica, o mantemento dos postos de traballo da planta da Coruña, un plan de investimentos para modernizar o ciclo produtivo e que, de non derrogar o sistema de poxa eléctrica, cando menos muden os seus criterios.
Esta xuntanza forma parte dunha rolda de contactos políticos para pedir solucións para Alcoa porque a nova situación parece que nos leva a unha poxa de interrumpibilidade e estamos pedindolle aos partidos que presenten iniativas para a derrogación deste sistema. Levamos dous anos tirados no deserto, denunciou Juan Carlos Corbacho, presidente do comité de empresa de Alcoa A Coruña. A planta da Coruña está quedando sen incentivos para producir, así que pedimoslle ao goberno e aos partidos que cancelen este sistema e nos dea tranquilidade para acometer na planta os investimentos que se precisan. Temos a produción nun 70% porque os nosos custes eléctricos son altísímos. En Marea presentou unha iniciativa no Congreso para a tarifa eléctrica na que pedimos as reformas necesarias para un sistema máis estable. Outros países da UE están aplicando fórmulas que nos valerían sen mudar unha coma, reclamou Juan Carlos Álvarez Corbacho.
Yolanda Díaz, que será a encargada de defender mañá a iniciativa de En Marea na Comisión de Industria do Congreso quixo agradecerlle ao comité de empresa de Alcoa a súa colaboración á hora de preparar a proposición non de lei. "Estamos diante dun dos grandes problemas do país e En Marea segue fiel á súa prioridade de levar ao Congreso os problemas dos sectores produtivos máis relevantes de Galicia para seren debatidos, como fixemos co naval. A primeira mensaxe para o debate de mañá será a esixencia que o goberno en funcións dea explicacións sobre que quere facer con esta industria electrointensiva, particularmente na Coruña. Porque estes goberno só está en funcións para o que lle dá a gana, como demostrou con ENCE, declarou Yolanda Díaz. Esiximos o mantemento de todos e cada un dos 400 postos de traballo directos e tamén para os indirectos. Non podemos manter un sistema que pón en xaque unha industria que é fundamental para o noso país. Loitaremos para que definan un sistema alternativo que garanta que esta empresa compita en condicóns de igualdade co resto de emprsas electrointensivas do resto de Europa, porque os grandes custes non son os laborais, senón os financeiros e a propia enerxía, engadiu a deputada de En Marea.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.