//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O 98% dos concellos galegos teñen acceso a servizos financeiros, fronte ao 60% da media española, o que converte a Galicia na segunda comunidade autónoma de España coa maior porcentaxe de concellos no que os veciños e veciñas teñen garantida o acceso a estes servizos. Estes datos mellorarán no novo prazo de adhesión aberto en febreiro ao protocolo de colaboración asinado entre o Goberno galego e a FEGAMP e dirixido a aqueles concellos que na actualidade aínda non contaban con servizos financeiros. Unha vez que remate esta segunda rolda, o 99% dos concellos galegos terán acceso aos servizos financeiros no seu territorio.
Os cadros de persoal das empresas tecnolóxicas de Galicia están formados nun 67% por homes e nun 33% por mulleres aínda que nos últimos anos estase a experimentar un cambio de tendencia, ao crecer a maior ritmo o emprego feminino que o masculino. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) analizados polo Observatorio da Información e a Modernización de Galicia (Osimga), o sector tecnolóxico empregaba a un total de 8.983 mulleres en 2022, o que supuxo un crecemento dun 5,5% con respecto a 2021. No caso dos homes tamén houbo crecemento no emprego, pero foi do 5%.
Galicia logrou recuperar o nivel de PIB previo á pandemia durante o pasado ano, un fito que aínda non se conseguiu no conxunto de España. Deste xeito, a economía galega está a recuperarse antes que outras Comunidades autónomas das consecuencias da pandemia. O PIB de Galicia superou os 68.800 millóns de euros en 2022, o que supón un incremento do 3,8 % nun ano e recuperar os niveis previos a crise económica derivada da Covid. A comunidade galega bateu un récord histórico de exportacións o pasado ano superando os 29.800 M -un 18,3 % máis que no 2021-.
Galicia conta na actualidade con 144.092 persoas en desemprego. Trátase da cifra máis baixa nun mes de febreiro desde que se conta con rexistros (1996). O paro descendeu na evolución anual (respecto de febreiro de 2022) nun 6,74 % (-10.417 persoas) e na mensual (respecto de xaneiro deste ano) nun 0,66 % (-956 persoas). En Galicia baixou o desemprego o pasado febreiro con respecto a xaneiro, un mes no que no conxunto de Estado rexistrouse unha suba do 0,44 %. O descenso prodúcese nas catro provincias, nas sete principais cidades e en todos os sectores de actividade respecto de hai un ano, subliñou a conselleira. Con respecto aos sectores de actividade, a comunidade anota unha baixa en todos eles, máis acusada no caso da Agricultura e da Pesca, por enriba do 16 %.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, demanda que no Perte do naval o Goberno central teña en conta o peso significativo de Galicia no sector. Perante a importancia e a transcendencia que ten para o sector este Perte, as empresas galegas uníronse para presentar unha candidatura única e potente que contou co asesoramento da Xunta. O prazo para a presentación de propostas remata o 13 de marzo, e Alfonso Rueda agarda que a convocatoria se resolva de xeito favorable para Galicia tendo en conta que o naval representa o 3,5% do PIB galego e emprega a preto de 13.500 persoas, ademais de ser Galicia a Comunidade autónoma con máis empresas do sector. 'Levamos moito tempo facendo as cousas ben e merecemos recoller o froito dese esforzo', dixo.
A economía galega medrou no ano 2022 un 3,8 %, segundo se desprende do informe publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). No 4º trimestre do ano o PIB aumentou un 2,2 % con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior e que en canto á evolución intertrimestral, a taxa do PIB autonómico situouse no 0,2 %. Desde o punto de vista da demanda, no ano 2022, a demanda externa achegou 3,7 puntos porcentuais, cun crecemento do 5 % das exportacións, mentres a demanda interna achegou 0,1 puntos porcentuais. No que respecta á oferta, os servizos medraron un 5,8 %, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (+17,4 %).
Bo momento o que vive o sector lácteo galego, especialmente no que atinxe á constante subida dos prezos pagados aos gandeiros polo seu produto nos últimos meses e que levou a rexistrar máximos de facturación pola venda de leite. O sector acadou en 2022 un récord de facturación ao alcanzar os 1.306 millóns de euros, un 35,2% máis que no 2021. Galicia é líder nacional en produción de leite (concentra o 41% do total de España) e está entre as dez principais rexións produtoras de toda Europa. Un informe avaliado hoxe no Consello indica que o prezo que se lle paga aos gandeiros polo leite leva 18 meses consecutivos de incremento.
A Xunta ten mobilizados o 100 % dos 1.122 millóns de euros recibidos ata o de agora dos fondo europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), mentres que ten que recibir aínda 144 dos 1.266 millóns de euros que ten asignados. Dúas terceiras partes destes 1.122 millóns -747 M- xa teñen publicadas a súa convocatoria, e foron dirixidos a 7.000 persoas autonómas, 370 empresas, 12 entidades do sector público, máis de 27.000 persoas físicas e 130 organismos públicos, entre clústeres e asociacións. Dos fondos europeos orzamentados pola Xunta de Galicia destinados a entidades locais, o 93 por cento -60 millóns de euros- xa foron executados.
Galicia logrou en 2022 un novo rexistro histórico en exportacións, achegándose por primeira vez aos 30.000 millóns de euros (en concreto, 29.886 millóns). Isto supón 4.600 millóns de euros máis e un 18,3% máis de vendas ao exterior que no 2021, que tiña o mellor rexistro ata o de agora. Por sectores destacan os incrementos en industrias clave para Galicia como o sector téxtil, cun +21,1% en vendas ao exterior que en 2021; a industria química, cun +47,3%; as máquinas e aparellos mecánicos, cun +45,4%; ou a metalurxia, cun +16,5%. Por países rexistráronse importantes subas nas vendas a Países Baixos (+86%); Alemaña (+30,9%); Portugal (+27,4%); ou Bélxica (+25,7%); EEUU (+21,2%); México (+48,4%) ou Oriente Medio (+52,5%).
Nacida co obxectivo de impulsar o comercio internacional das cooperativas e pequenas empresas agroalimentarias galegas, a iniciativa europea -pilotada na comunidade pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentaria (Agaca) co apoio da Xunta de Galicia- chegou a 30 entidades, que participaron nalgunha das actividades do proxecto, e permitiu posicionar máis de 50 produtos en tres plataformas dixitais de vendas (marketplaces).
Reforzarase a colaboración cos sistemas estatísticos da Administración xeral do Estado e da Unión Europea en aras da coordinación. Ademais, así garántese o uso eficiente dos recursos públicos e a comparabilidade da información elaborada por distintos organismos estatísticos.
Tras varios meses de incertezas sobre o futuro de Alcoa, con movementos opacos por parte da empresa sobre unha posible venda das plantas da Península sen ningún tipo de información aos traballadores, En Marea insta ao Goberno en funcións a dar cumprimento aos seus compromisos e garantir a viabilidade do grupo siderúrxico mantendo os postos de traballo.
Coa industria agroalimentaria galega, conformada por preto de 2.300 empresas, cunha facturación superior aos 4.700 millóns de euros e que dá emprego a 18.300 persoas, a conselleira de Medio Rural anima aos consumidores a comprar produtos lácteos avalados pola marca Galega 100% que son garantía da mellor materia prima.
A xornada técnica Os viños doces. Innovación en procesos e tecnoloxías afonda nas tendencias en procesos e tecnoloxías de elaboración deste produto. Enmárcase na 53º Feira do Viño do Ribeiro que acolle a localidade ourensá de Ribadavia entre o 29 de abril e o 1 de maio.
O presidente da Xunta refírese ás oportunidades da enerxía eólica mariña, sector no que Galicia está construíndo, neste momento, os principais parques de eólica mariña de Europa. Destaca positivamente o feito de que o Goberno de Uruguai estea a valorar a posibilidade de presentar en Galicia o Proxecto de Infraestruturas do país, que conta cun valor de máis de 12.500 millóns de dólares de investimento.
Resalta que o bo dato de exportacións do sector en febreiro, cando sumou 17 millóns en vendas ao exterior, vén a consolidar unha traxectoria que ten levado aos estaleiros galegos a acumular 2.000 millóns de euros en contratos. Aposta pola innovación e comercialización.
En Marea vén de reclamar no Congreso dos Deputados a paralización e desmantelamento da actividade da planta de gas de Reganosa na ría de Ferrol e que se deneguen os permisos oportunos para ampliar a súa capacidade de almacenamento e regasificación, logo da contundente sentenza do Tribunal Supremo anulando a licenza de instalación.
A conselleira do Medio Rural defende que ter unha única OPL sería a vía para que os gandeiros tiveran máis forza á hora de negociar os prezos xa que representaría ao 37% dos produtores galegos e reuniría o 34% do volume de leite de Galicia. Entra en vigor a medida da UE que autoriza aos produtores a planificar a produción de leite.
Nos últimos anos Calvo, a empresa galega con máis de 30 anos de historia, contou con axudas de máis de 250.000 euros para modernización de equipamento ou mellora da eficiencia enerxética. A Xunta destaca o labor da factoría Clavo, exemplo de aposta pola innovación con preto de 300 empregos en Caldas en Reis.
A deputada de En Marea Yolanda Díaz solicita a comparecencia do presidente de Navantia, José Manuel Revuelta Lapique, na comisión de Industria do Congreso dos Deputados.