
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da República Oriental do Uruguai, Tabaré Vázquez, avaliaron durante o seu encontro novas posibilidades de colaboración entre Galicia e Uruguai, centrándose en sectores como as enerxías renovables para non depender do petróleo e dos seus derivados.
Coincidimos en que non podemos ser cativos do petróleo e dos seus derivados e de que temos enerxía e capacidade instalada para ter enerxías renovables tanto hidráulica como eólica, fotovoltaica e biomasa. Sobre esta última, no caso de Galicia, que conta co 46% do total da masa forestal de España, estamos neste momento investindo en biomasa eléctrica e térmica, dixo o titular da Xunta, recordando que tanto Uruguai como Galicia están a traballar para conseguir un modelo enerxético 100% renovable.
Así mesmo, Tabaré e Feijóo avaliaron máis polo miúdo as oportunidades da enerxía eólica mariña, sector no que Galicia está construíndo, neste momento, os principais parques de eólica mariña de Europa: tanto no referido a torres de 40 metros que van suxeitas ao fondo mariño, como torres flotantes de 3.000 toneladas de aceiro.
Proxecto estratéxico de infraestruturas de Uruguai
Tras o encontro, o responsable do Goberno galego destacou positivamente o feito de que o Goberno de Uruguai estea a valorar a posibilidade de presentar en Galicia o Proxecto de Infraestruturas do país, que conta cun valor de máis de 12.500 millóns de dólares de investimento. Para nós sería unha grande honra que o proxecto estratéxico de infraestruturas do país se presentase en Galicia, para España e para o resto de Europa, aseverou, subliñando que se trata dun proxecto ambicioso, de modernización do país e con participación público-privada para activar o investimento na economía de Uruguai.
Tabaré e Feijóo coincidiron na importancia das estradas e de recuperar o ferrocarril para mercadorías e pasaxeiros en Uruguai. E, en materia de hospitais insistiron na oportunidade da coordinación dos hospitais de orixe español. E tamén falamos da posibilidade de poñer a disposición do país o sistema de tratamento de residuos, un tema que pode ser interesante para Uruguai que ten unha poboación similar a Galicia, engadiu, o responsable do Goberno galego.
Logo de invitar ao presidente de Uruguai a visitar Galicia, a terra dos seus avós, e expresar o recoñecemento á amizade e á cordialidade coa que este país tratou desde sempre aos galegos; Feijóo quixo tamén trasladar a Tabaré Vázquez a solidariedade do pobo galego ante as inundacións que están a sufrir algunhas zonas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.