Noticias

Galicia ten mobilizado o 100 % dos 1.122 M€ dos fondos europeos recibidos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

A Xunta ten mobilizados o 100 %” dos 1.122 millóns de euros recibidos ata o de agora dos fondo europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), mentres que ten que recibir aínda 144 dos 1.266 millóns de euros que ten asignados. Dúas terceiras partes destes 1.122 millóns -747 M€- xa teñen publicadas a súa convocatoria, e foron dirixidos a 7.000 persoas autonómas, 370 empresas, 12 entidades do sector público, máis de 27.000 persoas físicas e 130 organismos públicos, entre clústeres e asociacións. Dos fondos europeos orzamentados pola Xunta de Galicia destinados a entidades locais, o 93 por cento -60 millóns de euros- xa foron executados.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que o Goberno galego ten mobilizados “o 100 %” dos 1.122 millóns de euros recibidos ata o de agora dos fondo europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR). No entanto, advertiu de que a Galicia fáltanlle aínda 144 millóns dos 1.266 millóns de euros que ten asignados. “Porque asignar non quere dicir recibir”, apuntou a este respecto, ao tempo que lamentou que o 40 por cento do achegado á comunidade foi nos últimos seis meses.

En todo caso, puxo en valor que a pesar destes “retrasos sen moita razón” e das “dificultades” Galicia cumpriu cun nivel de “execución moi notable” dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia recibidos. Así, apuntou a que dúas terceiras partes destes 1.122 millóns -747 M€- xa teñen publicadas a súa convocatoria, “e a metade destes millóns xa chegaron aos seus destinatarios”, engadiu.

O mandatario galego explicou que, na práctica, isto se traduce en que a Xunta xa está dando apoios grazas a estes fondos que están “perfectamente identificados”. En concreto, precisou que foron dirixidos a 7.000 persoas autonómas, 370 empresas, 12 entidades do sector público, máis de 27.000 persoas físicas e 130 organismos públicos, entre clústeres e asociacións.

Rueda fixo fincapé no feito de que, dos fondos europeos orzamentados pola Xunta de Galicia destinados a entidades locais, o 93 por cento -60 millóns de euros- xa foron executados, unha porcentaxe que contrapuxo coa partida recibida polos municipios directamente do Goberno central, e que situou nun 46,2 %, “menos da metade da execución da Xunta”, remarcou.

Demanda da mesma axilidade ao Goberno central

Estes datos amosan -segundo subliñou o presidente galego- que o Goberno galego “segue sendo áxil”. “E isto dános dereito a pedir a mesma axilidade”, en referencia aos fondos europeos e que defendeu que o Goberno central ten que pór á disposición dos proxectos tractores galegos. Neste senso, denunciou que, ata agora, Galicia “só recibiu o 3,5 % da axuda comprometida nos PERTE”.
No caso de Galicia, trátase de proxectos vitais para o seu futuro económico e laboral, como son a plataforma para a fabricación dos novos modelos do vehículo eléctrico de Stellantis en Vigo; factoría de grafito -tamén para vehículos eléctricos- que Resonac (antiga Showa Denko) pretende situar na Coruña; a fábrica de fibras téxtiles que Altri propón construír en Palas de Rei (Lugo); ou a futura planta de pneumáticos de Sentury Tire no municipio coruñés das Pontes.

Por estes motivos, considerou “especialmente oportuno” que coincidise o informe sobre a execución do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia presentado hoxe ao Consello da Xunta coa visita da comisión do Parlamento europeo para examinar a xestión destes fondos. “Agardo cambios e que se axilicen”, defendeu en referencia a trámites “farragosos” e excesivamente “burocráticos”, ao tempo que insistiu na necesidade de “descentralización” para que estes “recursos cheguen canto antes”. “Aínda estamos a tempo, pero cada vez queda menos”, advertiu.

R., 2023-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES