
Logo das últimas informacións relativas ao estado económico da empresa pública Navantia, dende En Marea queremos que o señor Revuelta informe das xestións que está levando a cabo para garantir a viabilidade da empresa e do seu plantel de traballadores", sinala Yolanda Díaz.
Ademais, En Marea, que hai tres semanas xa presentou no Congreso unha Proposición Non de Lei requerindo un plan industrial de futuro para os estaleiros de Navantia-Ferrol e Navantia-Fene con propostas específicas como ampliar e renovar os planteis de traballadores e a construción dun dique que permita abrir novos mercados de negocio, tamén lle pide ao presidente de Navantia que aclare cal é o Plan Industrial que a empresa pública ten pensado implementar a partir de agora.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.