
Para En Marea Reganosa representa unha ameaza para a seguridade de miles de persoas na ría de Ferrol, tras ser instalada desconsiderando o interese xeral, a necesidade de coidar a legalidade, a seguridade e os recursos públicos da cidadanía, pois cústanos cerca de 60 millóns de euros anuais por déficit contable.
A promotora da iniciativa, Yolanda Díaz, que cualifica a planta de bomba de reloxería esgrime que a xustiza volve a dar a razón aos que levamos loitando contra esa infraestrutura gasística que é ilegal e pon en serio perigo a poboación da comarca de Ferrolterra e que parte dun convencio segredo asinado por Manuel Fraga e altos cargos de Fenosa, Endesa, o grupo Tojeiro ou a antiga Caixa Galicia. De feito a Xunta de Galicia continúa sendo socia da planta, pois posúe o 17,5% das accións.
A Proposición Non de Lei para pechar e desmantelar a planta de gas de Reganosa na ría de Ferrol será debatida na Comisión de Industria nas vindeiras semanas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.