Notas de prensa

Evega pon en valor os viños tostados de Galicia na Feira do Ribeiro de Ribadavia

A xornada técnica Os viños doces. Innovación en procesos e tecnoloxías afonda nas tendencias en procesos e tecnoloxías de elaboración deste produto. Enmárcase na 53º Feira do Viño do Ribeiro que acolle a localidade ourensá de Ribadavia entre o 29 de abril e o 1 de maio.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio Rural, organizou para o xoves, día 28 de abril, a xornada técnica Os viños doces. Innovación en procesos e tecnoloxías. Esta iniciativa, feita en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, a Asociación Galega de Enólogos e o Instituto Galego da Calidade (Ingacal), enmárcase nas actividades previas á 53º Feira do Viño do Ribeiro, que ten lugar na localidade ourensá de Ribadavia.

A actividade vai dirixida a viticultores, adegueiros, enólogos, persoal técnico das adegas e dos consellos reguladores, persoal investigador interesado no tema, estudantes e público en xeral.

O principal obxectivo desta xornada é o de afondar no coñecemento dos viños doces así como as novidades e tendencias en procesos e tecnoloxías de elaboración. Os viños galegos deste tipo terán un protagonismo especial a través do relatorio de Manuel Castro González, enólogo da Cooperativa Viña Costeira, quen poñerá en valor o Tostado do Ribeiro coma exemplo de viño naturalmente doce. Hai que lembrar que tanto a Denominación de orixe Ribeiro como a de Valdeorras amparan este tipo de produtos nos seus regulamentos respectivos, e que nos últimos anos fixéronse esforzos importantes pola súa recuperación, sendo hoxe en día produtos cun alto valor engadido pola súa calidade.

Tamén terán cabida nas xornadas os licorosos de Portugal nun relatorio do doutor Francisco Manuel Morais Sarmiento, da Universidade Católica Portuguesa, quen falará dos viños de Porto e Madeira, cuxa historia remóntase aos tempos da colonización romana.

En último lugar a doutora María Belén Puertas García presentará os viños xenerosos andaluces de Pedro Ximénez e Moscatel. A xornada rematará cunha degustación de produtos representativos do amplo abano de alternativas que existen no mercado na actualidade.

Esta acción formativa da Evega enmárcase no Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e información ao Agro Galego 2016 da Consellaría do Medio Rural e está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES