
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou na inauguración da XXX edición do Salón Internacional de Gourmets, que se celebra ata o día 7 de abril en Madrid, onde destacou que o prestixio dos produtos galegos de calidade consolidan a Galicia como referente culinario.
Vázquez insistiu en que a marca Galicia é un bo reclamo a nivel alimentario, posto que está avalado polos nosos 31 selos de calidade e que fan da nosa Comunidade un escenario excelente para gozar de produtos de alta gama do agro, da pesca e da acuicultura.
A titular de Medio Rural, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, visitou as 32 empresas galegas asistentes a este certame, considerado o evento máis importante de Europa de bebidas e alimentos delicatessen e no cal a Xunta fai un investimento de máis de 370.000 euros. Así, no pavillón mixto que ten a Xunta, de 522 metros cadrados, están presentes 12 empresas coexpositoras do sector agroalimentario e 20 dos sectores da pesca, acuicultura, conxelado, comercialización e conserva.
Programa
Ao longo destes tres días hai programadas diversas degustacións de produtos lácteos, cárnicos, ecolóxicos, viños e outros como a torta de Santiago ou croquetas de calidade. Un programa atractivo que se consolida coa oferta dos produtos do mar frescos, de acuicultura e en conserva.
Os asistentes poderán gozar coas degustacións Galicia: 31 Experiencias de Calidade, onde se conxugan os sabores da terra e do mar a través da DOP Mexillón de Galicia e distintos produtos da marca pescadeRías.
Ademais durante os días da feira, no espazo Taller de los sentidos, haberá diversos obradoiros da campaña O sabor da aventura está no mar, nos que 800 nenos e nenas de varios centros escolares realizarán actividades didácticas e prácticas, co fin de aumentar o seu coñecemento do peixe e os seus valores nutritivos dunha forma amena, sinxela e formativa e potenciar así o hábito de consumir produtos do mar.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.