
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, resaltou o éxito do Bono Activa Comercio que xa mobilizou este ano 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade de Galicia. Conde, nun percorrido que fixo por comercios adheridos a este programa na cidade de Pontevedra, animou a utilizar o bono na semana que queda de vixencia facendo as compras de Nadal no comercio local.
O responsable de Economía, Industria e Innovación recordou que o comercio local é sempre unha aposta segura porque ofrece como marca da casa calidade, orixinalidade e un trato máis personalizado e familiar. Por iso, no seu apoio aos establecementos de proximidade, o Goberno galego puxo en marcha o ano pasado o Bono Activa Comercio con descontos de 30 euros para os beneficiarios. E no 2022, coa finalidade de axudar os comerciantes a recuperar a normalidade tras a pandemia sanitaria, a Xunta lanzou unha nova edición que, como recordou Conde, está a ser todo un éxito.
A iniciativa tivo unha aceptación sen precedentes cando, nada máis saír a convocatoria no mes de outubro, esgotáronse en tres días os bonos dispoñibles. Desde a súa posta en marcha foron máis de 166.000 os galegos que os descargaron para facer as súas compras nos máis de 6300 comercios adheridos en toda Galicia, de tal maneira que o 60% dos concellos galegos contan con algún establecemento asociado. Na cidade de Pontevedra participan un total de 234 comercios, nos que xa se mobilizaron vendas por preto de 570.000 euros
O Goberno galego continuará na súa política de apoio ao comercio local porque, como indicou Conde, é o que dá vida ás nosas rúas e xera riqueza na contorna, e con esa intención, os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano destinarán 24 millóns de euros a medidas para impulsar a innovación e a dixitalización do sector.
No seu percorrido polos comercios da cidade de Pontevedra adheridos ao programa, no que visitou os establecementos Mission Surf Shop, a xoguetería Din & Don, Florentino e a librería Cronopios, o vicepresidente primeiro animou a aproveitar os días de Nadal para facer as compras típicas destas datas e mercar os agasallos nos comercios de proximidade apostando polo noso e polo produto diferenciado, de confianza e de calidade. Ademais, apuntou as vantaxes para os clientes que fan uso do bono, con importantes descontos nas súas compras ata finais de ano, cando remata a súa vixencia.
Para a edición de 2026, chegan desde o outro lado do Atlántico La Cura e El Vacío (ambas estreas en España), nas que o coreógrafo cubano Julio César Iglesias dirixe á prestixiosa Compañía Colombiana de Danza Contemporánea. Tamén a conferencia escénica Arder Épica (Cap. 1) na que o artista brasileiro Reinaldo Ribeiro constrúe unha nova memoria colectiva a partir das cinzas que deixou o incendio do Museo Nacional do Brasil en 2018. Forma parte tamén da programación a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana de orixe indíxena Martha Hincapié Charry, na que se rescatan os saberes ancestrais de tres líderes nativos das primeiras nacións americanas.
O Centro Dramático Galego amplía desde esta semana a experiencia de exhibición do seu novo espectáculo, Hamlet, cunha programación paralela que incorpora tres pases de Mala vida e pior morte de Ricardo III, os días 25 de marzo, 1 e 8 de abril ás 20,30 horas, e, por outra, unha nova entrega das ImproVersións a través da proposta A propósito de William, que levará a cabo o colectivo Improversados os domingos 29 de marzo e 5, 12, 19 e 26 de abril á mesma hora. O desenvolvemento desta programación expandida completarase cunha acción especial na véspera do Día Mundial do Teatro, que reunirá o xoves 26 de marzo preto de 73 estudantes de secundaria e ensinanzas escénicas.