Notas de prensa

Expourense consolidouse como plataforma para a competitividade e internacionalización empresarial 2015

A Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, presentou o resumo de actividades organizadas durante o pasado ano. En total, no recinto feiral celebráronse 10 feiras e 26 eventos que atraeron a máis de 116.000 visitantes, a 906 expositores e 350 relatores achegados dun total de 47 países.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou na rolda de prensa e subliñou que Expourense consolídase como unha plataforma que contribúe, a través da organización de citas únicas, a fomentar a competitividade das empresas galegas e a facilitar contactos internacionais, sobre todo en sectores estratéxicos como o termalismo, a gastronomía ou a viticultura.

Díaz Mouteira felicitou ao equipo de Expourense polos resultados obtidos durante 2015 e animouno a seguir traballando para que “este recinto e os eventos que nel se organizan, sigan sendo motivo de orgullo para os galegos”.

A delegada territorial concluíu expresando a súa confianza de que estas cifras van medrar considerablemente coa futura construción no recinto feiral da primeira pista de atletismo hidráulica cuberta de Galicia, acordada onte no Padroado. “Este compromiso institucional permitirá un mellor aproveitamento das instalacións e diversificar a actividade deste recinto feiral e aumentará o número de días de uso da instalación”, sinalou Díaz Mouteira.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES