Noticias

Rueda resalta a xestión de Galicia dos fondos europeos e insta ao Goberno central a axilizar o reparto

O presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe a xestión de Galicia dos fondos europeos Next Generation e instou agora ao Goberno central a axilizar o reparto dos mesmos para que a Comunidade galega non perda esta 'enorme oportunidade histórica'. 'É un tren importante que non podemos deixar pasar e aínda estamos a tempo, porque do contrario ímonos arrepentir moitísimo', advertiu Rueda na súa intervención na clausura do Foro Next Generation, organizado por El Economista en Santiago de Compostela, na que admitiu a 'preocupación' porque estes investimentos non está a chegar.

En concreto, referiuse a que, neste intre, a candidatura de Galicia conta con máis dunha trintena de proxectos industriais “moi importantes” que están xa en tramitación e que están á espera de certezas no reparto destes fondo.
 
Entre estes proxectos, o mandatario galego referiuse á planta de Altri para fabricar fibras téxtiles en Palas de Rei; á de hidroxeno verde de Reganosa e EDP Renovables; á de metanol verde de Forestal del Atlántico; e á factoría de pneumáticos de Sentury Tires. Con respecto a estas tres últimas, puxo en valor o impulso que todas elas suporían para a comarca de Ferrolterra. A estas iniciativas sumou o proxecto de Showa Denko para fabricar ánodos para baterías na Coruña; a de Kern Pharma en Monforte; e o de Lonza en Salvaterra de Miño, para potenciar o sector biotecnolóxico galego.
 
Lentitude no reparto dos fondos
 
Por tanto, o presidente remarcou que con estes proxectos Galicia “ten cumprido” co que lle solicitou o Goberno central, pero alertou que por parte do Goberno de España -cun sistema de distribución destes fondos “moi centralizado”- están pasando os prazos para a súa xestión de modo “preocupante” e “sen concrecións”.
 
Así , reproboulle ao Goberno de España que non cumprise coas expectativas de Stellantis na primeira resolución do Perte do vehículo eléctrico; que aínda se estean a agardar convocatorias doutros Pertes, en referencia ao do naval; ou que o Executivo central se reserve para si a xestión das axudas directas e que, sen chegar a entregalas aínda, estea pensando en deixar en mans das autonomías a fase de préstamos.
 
Ante o que cualificou de “lentitude” na execución dos fondos por parte do Executivo central, Rueda contrapuxo o que está a facer a Xunta de Galicia. Así, remarcou o feito de que o Goberno autonómico xa ten executada a práctica totalidade dos 940 millóns de euros recibidos, dos 1.300 millóns asignados a Galicia. Ao seu entender, esta xestión da comunidade galega reflicte a dilatada experiencia das comunidades autónomas na xestión dos fondos da Unión Europea, que volveu defender.
 
En todo caso e para concluír a súa intervención, anunciou que o Goberno galego vai continuar moi atento ao percorrido dos fondos europeos, porque advertiu que deles depende o emprego e o futuro industrial. “Ás veces é un pouco descorazonador ver que esta preocupación que temos en Galicia pola xestión dos fondos Next Generatión e pola posibilidade de non poder aproveitar esta oportunidade non é igual en todas partes”, admitiu o presidente da Xunta, quen por este motivo demandou o máximo interese e implicación de todas as administración nesta cuestión

R., 2022-11-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES