Noticias

O Parlamento galego aproba os Orzamentos para o 2023, os máis altos da historia da Comunidade

As contas públicas de Galicia para o ano 2023 recibiron hoxe o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos son os máis altos da historia da Comunidade e ascenden a 12.620 millóns de euros para apoiar ás familias, a dinamización económica e fortalecer os servizos públicos. Son tamén uns presupostos de impulso, do impulso que Galicia necesita. Os presupostos de 2023 reforzan un ano máis o gasto social, é dicir, a sanidade, a educación, as políticas sociais, e o fomento do emprego. Así, estes orzamentos inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 9.368 millóns de euros (709M€ máis que no vixente exercicio) para sanidade, ensino, políticas sociais e emprego.

As contas públicas de Galicia para o ano 2023 recibiron hoxe o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos son os máis altos da historia da Comunidade e ascenden a 12.620 millóns de euros para apoiar ás familias, a dinamización económica e fortalecer os servizos públicos. Son tamén uns presupostos de impulso, do impulso que Galicia necesita.
 
Un impulso baseado nunha política fiscal propia e previsible que aposta por baixar os impostos todo o posible; no reforzo constante e continuo dos servizos públicos, no endebedamento responsable e en máis reforzo no investimento produtivo.
 
Neste marco, os presupostos de 2023 reforzan un ano máis o gasto social, é dicir, a sanidade, a educación, as políticas sociais, e o fomento do emprego. Así, estes orzamentos inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 9.368 millóns de euros (709M€ máis que no vixente exercicio) para sanidade, ensino, políticas sociais e emprego.
 
Tamén inclúen un reforzo do investimento produtivo, de forma que o vindeiro exercicio, Galicia disporá de 2.772 millóns de euros para investimentos, un 8,5% máis que no 2022 co obxectivo de axudar a impulsar investimentos que aceleren a transformación do tecido produtivo.
 
Cinco liñas de actuación prioritarias

As contas do vindeiro ano tamén reforzarán con máis de 500M€ adicionais cinco liñas prioritarias de actuación para acompañar a familias e empresas nesta conxuntura de alza de prezos e con medidas para impulsar a competitividade.
 
As liñas de actuación inclúen medidas de apoio e protección das familias e das persoas máis vulnerables; medidas de aforro e eficiencia enerxética; medidas de dinamización económica; medidas de protección do medio ambiente, loita contra a seca e o cambio climático; e finalmente medidas de fortalecemento dos servizos públicos autonómicos.
 
Estas cinco liñas están perfectamente encaixadas na planificación deseñada no Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030, de feito, estes, serán os primeiros orzamentos en clave Galicia 2030 nos que se inclúan as prioridades dos eixos e obxectivos estratéxicos da folla de ruta trazada pola Xunta para esta década.
 
Novas baixadas de impostos

No ano 2023 as familias son o centro das políticas de loita contra a inflación mediante baixadas nos impostos. Así, en materia de política fiscal, os orzamentos recollen diversas medidas para mitigar os efectos da inflación na renda dispoñible das familias e reforzar o impulso da reactivación económica.
 
No Imposto da Renda, defláctanse con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 2022 os tres primeiros tramos do IRPF e rebáixase por cuarta vez en nove anos o IRPF, neste caso, o tramo autonómico máis baixo para rendas máis modestas, que pasa do 9,4% ao 9%. Os cidadáns galegos aforrarán na declaración de 2023 unha media de 476€ en relación ao que pagaban en 2009.
 
Ademais, Galicia será a primeira comunidade en equiparar a efectos fiscais as familias con dous fillos ás familias numerosas cunha dedución de 250 euros no IRPF. Tamén se duplica a dedución que se aplica ás familias numerosas co que a dedución das familias con tres fillos será de 500€, cun aumento doutros 250€ por cada fillo a maiores.

R., 2022-12-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES