Notas de prensa

En Marea pide no Congreso un novo sistema de reparto de cotas para o sector do cerco

As deputadas e deputados de En Marea presentaron no rexistro do Congreso unha proposición non de lei para que se revisen os criterios de reparto de cotas para o sector do cerco, pois o actual sistema supón unha ameaza para miles de postos de traballo nas poboacións costeiras.

Logo de varias xuntanzas con representantes do sector, En Marea insta ao Ministerio de Agricultura a que traballe por un novo modelo que estableza unha cota en base ao número de tripulantes de cada barco, xa que o reparto de cota por históricos ameaza as 1.200 familias que dependen destas embarcacións, ademais dos miles de postos de traballo indirectos que xeran. En Marea tamén demanda "que o reparto de cotas respecte o artigo 17 da Política Pesqueira Común, no que se establece que se teñan en conta criterios socioeconómicos e de obxectividade á hora do reparto de cotas".

Para o voceiro da Comisión de Agricultura, Antón Gómez-Reino, "a señora Tejerina é culpable, xunto á complicidade do goberno da Xunta, de admitir uns criterios que discriminan ao sector do cerco abocando a flota galega á miseria. A solución que precisamos pasa por que exista un goberno que entenda que a única saída para garantir o futuro do sector é un reparto de cota que obedeza a criterios obxectivos, isto é: debe existir un reparto lineal proporcional ao número de embarcacións, onde se prime o número de tripulantes e criterios de responsabilidade".

Ademais disto, Gomez-Reino, que tamén é portavoz na Comisión Mixta de Relacións coa Unión Europea declarou que “En Marea está traballando xa no Congreso para esixir un cambio profundo dunha Política Común de Pesca da UE que consagra a discriminación estrutural da flota pesqueira galega”. E recorda que o programa de cambio e estrutura de goberno defendido por En Marea avoga pola “participación de Galicia na conformación da vontade do Estado na Unión Europea e na política exterior. As institucións galegas deben participar nas delegacións da UE e nas posicións do Estado sobre a UE, e nos órganos decisorios do Estado en materia exterior nas cuestións que, como a pesca e as cotas de reparto, nos afectan directa e especialmente”.

Gabinete de Comunicación de En Marea, 2016-03-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES