
Reclamamos axilidade e na medida na que o Goberno central non se vexa capaz, que transfiera a xestión destas axudas, indicou.
Pola súa banda, en canto aos pertes, o Goberno central anunciou convocatorias por importe de máis de 30.000 millóns, mentres que a día de hoxe só lanzou convocatorias por valor de 10.500 millóns de euros. É dicir só unha terceira parte, lamentou Rueda.
O Informe sobre a execución dos programas dos fondos estruturais 2014-2020 e dos programas financiados polos Fondos NextGenerationEU presentado hoxe ao Consello da Xunta polo titular de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, tamén fai referencia a outros fondos europeos extraordinarios como os REACT. Neste caso son 440 millóns de euros dos que a Xunta ten executado e comprometido xa o 75 %.
Fondos estruturais
Tal e como explicou Rueda, o documento avaliado hoxe en Consello tamén permite ver a execución dos fondos europeos ordinarios polos que Galicia conta con 1.300 M.
O informe revela que dos 915 M dos que está dotado o Fondo de Desenvolvemento Rexional (Feder) -para potenciar a I+D+i, mellorar a competitividade das pemes, o ambiente ou favorecer a transición cara unha economía baixa en carbono-, xa están executados 801 millóns, o que supón case un 88% do total. Con estes datos, a Administración galega prevé que o total dos recursos serán executados en prazo, antes de finais do ano 2023.
Estes fondos permitiron fomentar a colaboración público-privada a través das unidades mixtas de investigación; fortalecer os centros de investigación singulares do Sistema universitario de Galicia; fomentar e garantir o uso das TIC nos servizos públicos, en eidos como, por exemplo, o educativo ou o sanitario; fomentar a mobilidade sustentable ou a eficiencia enerxética; ou a mellora de instalacións sociosanitarias como o equipamento do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
No caso do Fondo Social Europeo (FSE) está dotado con 322 M para promover a sustentabilidade e a calidade do emprego, a inclusión social e a loita contra a pobreza ou a formación e educación. Destes recursos, o presidente da Xunta resaltou que xa están executados prácticamente a súa totalidade. En concreto están xa executados 320,5 millóns de euros, é dicir, o 99,5 %. A través deste programa fináncianse liñas de axudas ao emprego autónomo cunha liña específica para o emprendemento feminino; actuacións enmarcadas na Estratexia de inclusión social de Galicia; ou determinados ciclos de formación profesional de grao medio e programas de mellora do rendemento educativo.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.