
Son as liñas de colaboración recollidas no convenio asinado pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez. A Amtega achegará ao CPEIG 65.000 euros para o desenvolvemento das accións previstas
O acordo posibilitará a celebración de seis xornadas divulgativas sobre os perfís profesionais que están a xurdir coas novas tendencias tecnolóxicas. As sesións impartiranse da man de profesionais e expertos que aborden os temas desde a súa experiencia.
Esta actividade encaixa cos obxectivos da Axenda Dixital de Galicia 2020 de impulsar as vocacións tecnolóxicas e novos perfís dixitais que satisfagan as necesidades do mercado TIC a medio e longo prazo. Cómpre lembrar que en Europa prevense para o 2020 uns 16 millóns máis de postos de traballo que requiran competencias en TIC.
O acordo establece tamén a celebración de varias actividades no marco do programa Rapaciñ@s como unha xornada sobre os menores e as novas tecnoloxías, que combinará sesión informativa para pais e nais con actividades lúdicas para os máis pequenos.
Este actividade complementarse con charlas divulgativas nas principais cidades de Galicia orientadas ás dúbidas e preocupacións de pais e nais sobre a relación dos seus fillos coa Rede. Nesta mesa liña de actuación elaborarase unha guíe sinxela e accesible para orientar a pais e nais sobre os beneficios e os riscos da tecnoloxía, recomendacións sobre o uso seguro dos diferentes dispositivos TIC, técnicas de control parental ou a que organismos poden acudir en caso de dúbida, entre outros aspectos.
Que os docentes adquiran as competencias dixitais precisas para a integración das TIC nas aulas é o obxectivo de varias xornadas formativas para profesores que o CPEIG celebrará ao longo deste ano. Esta formación, dentro da estratexia tecnolóxica do ámbito educativo marcada na iniciativa Abalar, incidirá na formación actualización continua da Guía LOPD, cursos formativos de protección de datos e en materia de programación.
Facilitar a adaptación dos empregados públicos ao novo contexto dixital é outra das liñas de actuación da Amega dentro do Plan de Goberno e Administración dixital. Neste contexto o CPEIG impartirá seis cursos, eminentemente prácticos onlie e presenciais, nos que se formará aos traballadores en metodoloxías e técnicas que poidan aportar valor ao seu traballo diario.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.