Notas de prensa

A mesa de traballo do sector lácteo consensúa peticións para Bruxelas

Nesta batería de propostas reclámase máis transparencia en todos os elos da cadea de valor, o fomento do consumo dos produtos lácteos no mercado interior da UE e a identificación da orixe dos produtos lácteos. Outras propostas pasan por subir o prezo e do volume de intervención tanto do leite en po como de manteiga, un control e unha regularización.

Tivo lugar a primeira reunión do Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo coa que bota a andar a primeira estratexia conxunta de todos os axentes implicados para consolidar e estabilizar este sector. Tras a xuntanza, presidida pola conselleira do Medio Rural, Ãngeles Vázquez anunciou que todos os presentes apoiaron unha batería de propostas urxentes que trasladar ao Goberno central para a súa defensa no Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea para garantir a estabilidade do sector de xeito inmediato. “Perseguimos un único fin que é fortalecer o lácteo galego, e unha reivindicación, que é que falar do lácteo en España sexa falar en primeiro lugar do lácteo galego”, declarou a titular de Medio Rural.

Estas propostas pasan, segundo explicou a conselleira, por unha suba do prezo e do volume de intervención tanto do leite en po como de manteiga, ao tempo que un control e unha regularización dos mercados para evitar certas prácticas como a venda a perdas. Para iso, tamén se reclaman medidas para lograr a transparencia en todos os elos da cadea de valor. Na batería de medidas inclúese tamén o fomento do consumo dos produtos lácteos no mercado interior da UE e a identificación da orixe dos mesmos. “Que o Decreto de cesión de prezos que ten que saír a nivel nacional se traslade tamén a toda Europa para que falemos dun mercado único e nas mesmas condicións”, insistiu Ãngeles Vázquez.

Respecto ás medidas a máis longo prazo, no encontro estableceuse unha cronoloxía de actuación de cara ao futuro. A mesa de traballo reunirase polo menos unha vez ao mes para comprobar os avances e seguir traballando en melloras a prol do sector. “De maneira que non nos xuntemos todos só cando hai un problema crítico, senón manter un diálogo continuo a sabendas da importancia do sector”, aclarou a conselleira.

A posta en marcha do Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo comezou o 8 de febreiro cando presentou o mesmo no Consello Agrario Galego. Hoxe, celebrouse unha primeira reunión de traballo, un gran paso adiante dado que é a primeira vez que nunha mesa se xuntan todos axentes da cadea de valor (industria, distribución, cooperativas, organizacións profesionais agrarias), incluídos os órganos de control de calidade e de mercado como o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e o Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol), así como a Universidade e o ámbito científico, xunto coa administración. Todos, volverán a reunirse nun prazo máximo dun mes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-03-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES