Notas de prensa

Promociónanse os produtos ecolóxicos galegos na feira Biofach de Nüremberg

Biofach está considerada a feira de referencia mundial no sector dos alimentos ecolóxicos. Na pasada edición contou con máis de 44.000 visitantes profesionais de 136 países e cun total de 2.344 expositores. Paralelamente, celébrase o Salón Monográfico Internacional de Cosmética Natural Vivaness.

A Consellería do Medio Rural apoia a promoción da produción ecolóxica galega na feira de referencia mundial do sector (Biofach), que se celebra na cidade alemá de Nüremberg.

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, visita este certame co fin de reunirse con responsables do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e trasladarlles o apoio da Xunta ás súas actividades de promoción.

O Craega está presente nesta feira cun espazo expositivo de 45 metros cadrados situado no Pavillón 5, no que se localizan a maioría das comunidades españolas. Para asistir a este certame, o Consello Regulador contou cunha achega da Administración autonómica, con cargo á Orde de axudas para a promoción dos produtos agroalimentarios.

Biofach está considerada a feira de referencia mundial no sector dos alimentos ecolóxicos. Na pasada edición contou con máis de 44.000 visitantes profesionais de 136 países e cun total de 2.344 expositores. Paralelamente, celébrase o Salón Monográfico Internacional de Cosmética Natural Vivaness.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-02-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES