Notas de prensa

Jorquera critica que un Goberno en funcións prorrogue a licenza de Ence 60 anos

O portavoz parlamentario do BNG pediu explicacións ao presidente sobre o convenio asinado pola Xunta que rebaixa ata un 60% a taxa que paga ENCE por usar o Porto de Ribadeo. Para facerlle un favor a ENCE, afirmou Jorquera, “perdemos medio millón de euros ao ano”, todo "pola pasta", según denunció el portavoz nacionalista durante el debate parlamentario.

O portavoz parlamentario do BNG preguntou a Núñez Feijoo se está disposto a rectificar e escoitar o clamor de Pontevedra contra a prorroga de 60 anos a ENCE, “pola pasta” dixo, o nacionalista, un goberno en funcións entrega o dominio público da ría a unha empresa privada para que gañe 2.000 M€.

Francisco Jorquera pediu explicacións ao presidente sobre o convenio asinado pola Xunta que rebaixa ata un 60% a taxa que paga ENCE por usar o Porto de Ribadeo e afirmou que para facerlle un favor a ENCE, con este convenio, “perdemos medio millón de euros ao ano”.

O convenio, abondou, xustificarono para non perder tráfico de mercadorías pero resulta que nin sequera o condicionan a que se manteña. “Movimientos necesarios hasta la implantación operativa del proyecto que ENCE ha acordado con FEVE y el puerto de Gijón para el trasporte por ferrocarril con origen o destino en nuestra factoría de Navia”,isto é o que figura no convenio, dixo o nacionalista, un convenio feito por ENCE e que a Xunta limitouse a asinar. “Asinar o que lle ditan os Lobbies e as multinacionais”

A prorroga de ENCE, insistiu o deputado é todo un exemplo de para quen gobernan, “aos mariñeiros do cerco coas portas no nariz e a ENCE, portas xiratorias”.

Vostede, dixo Jorquera, “non pode dar a calada por resposta” e supeditar o interese xeral aos dun consello de administración no que están colocados Isabel Tocino, Carlos del Álamo e “outros amigos”.

Tras a resposta do presidente da Xunta xustificando a prorroga advertindo da perda de postos de traballo no caso de non concedela, Jorquera pediu a Núñez Feijóo que non siga utilizando o “emprego como coartada” xa que ENCE é o sector nº 20 na xeración de emprego en Pontevedra, “ENCE, destrúe máis emprego do que crea” recalcou.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da concelleira Carme da Silva e do representante do Movemento veciñal, Juan Loureiro asistiu ao debate da pregunta de Francisco Jorquera ao presidente Feijóo. Tras o debate, a preguntas dos xornalistas, Lores manifestou que os galegos “regalamos ao ano cinco millóns de euros en auga a ENCE”.

Sobre o convenio da Xunta para rebaixar as taxas de ENCE no porto de Ribadeo, Fernández Lores afirmou que ENCE mantén “un fío directo co Partido popular e coas cloacas do estado”. ENCE, recalcou está en Pontevedra restando rendabilidade económica.

Lores acusou ao Partido popular de “servilismo ao poder económico” e agora volve a condenarnos á contaminación 60 anos máis “cheirando un fedor horrible”. Sobre os empregos que crea ENCE, o alcalde de Pontevedra afirmou que é “unha porcentaxe mínima” fronte o que destrúe noutros sectores produtivos.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2016-02-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES