Notas de prensa

NÓS-Candidatura Galega propón medidas de apoio ao comercio local

Callón propón un imposto de sociedades do 10%, suprimir a taxa fixa de 300 euros para autónom@s, e por fin a “barra libre” de horarios.

O cabeza de lista de NÓS-Candidatura Galega, Carlos Callón, elixiu a Prazas de abastos de Santiago de Compostela para explicar as medidas de apoio ao comercio local, sector vital pola súa capacidade para xerar emprego, pero tamén pola capacidade para articular a vida dos barrios.

“Comercio local para xerar emprego, comercio local para revitalizar os barrios das cidades e das vilas, e comercio local por calidade e por ser máis sustentable, en particular cando se trata de produtos alimentarios do propio territorio. Vémolo aquí nesta praza de abastos, con produtos da nosa terra, fronte ao modelo das grandes multinacionais da alimentación”, explicou Callón, que rematou a visita á praza comprando castañas de Verín.

Entre as medidas concretas de NÓS-Candidatura Galega, reducir impostos ao pequeno comercio e pasar do 25 ao 10% o Imposto de sociedades para todas as empresas con menos de cinco traballadores e cunha facturación inferior aos 2 millóns de euros anuais. “As grandes empresas e multinacionais en cambio, pagan porcentaxes ínfimos moi inferiores ao 25% usando mecanismos de evasión como as Sicavs, que propoñemos suprimir”, explica o candidato.

Tamén para os autónomos e autónomas, habituais no comercio local, propón suprimir a taxa fixa mínima de 300 euros mensuais de impostos para que pasen a tributar en función dos seus ingresos.

“Non ten sentido nin é xusto que paguen 300 euros mensuais aínda cando haxa veces que non ingresen nin esa cantidade ao mes”, alega Callón.

Igualmente, medidas para favorecer o acceso ao crédito do pequeno comercio que ten dificultades para financiarse, -”sobre todo despois de que nos quedásemos sen caixas de aforro galegas”-. Neste sentido, NÓS propón liñas de avais públicas que se xestione a través do IGAPE ou entidades similares que faciliten o acceso ao crédito en boas condicións.

Por último, NÓS-Candidatura Galega propón modificar a lei de comercio aprobada polo PP, que liberaliza os horarios comerciais. Acabar coa “barra libre” dos horarios comerciais que pon en perigo o comercio de proximidade e empeora as condicións de traballo, concluíu Callón.

Gabinete de Comunicación de NÓS-Candidatura Galega, 2015-12-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES